Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

RECUPERACIÓN ) Lobito marino de solo 11 kilos mejora en Nigrán

O Instituto Galego de Formación en acuicultura acolle ao lobo mariño cincento `Rube´ para a súa recuperación

A súa estadía nas instalacións do centro dependente da Consellería do Mar durará unhas semanas antes de ser embarcado para a súa liberación en alta mar


 

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, acolle desde onte ao lobo mariño cincento Rube para a súa recuperación. Esta acción forma parte da colaboración que vén mantendo desde o ano 2003 a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), para a recuperación dos mamíferos mariños que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos.

O animal quedou atrapado o 17 de novembro no palangrillo dun barco na ría de Cedeira e foi trasladado á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario que a Cemma ten en Nigrán. Unha vez ingresado comprobouse que se trataba dun macho de menos de dous meses de idade e que pesaba 11 quilos, sendo un dos lobos mariños máis pequenos tratados en Galicia. Presentaba feridas no corpo, estaba desnutrido e deshidratado e cunha leve afección respiratoria.

A súa evolución foi favorable, o que lle permitiu gañar peso e quedar fóra de perigo, polo que superou a primeira fase da recuperación e se procedeu a trasladalo ao Igafa para superar a segunda fase, a previa á súa liberación.

Deste xeito, Rube permanecerá varias semanas nunha piscina exterior de auga corrente salgada do Igafa e posteriormente será embarcado para a súa solta en alta mar. A manutención e a atención sanitaria do mamífero corresponderalle á Cemma, que contará coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do centro dependente da Consellería do Mar. De feito, este tipo de estadías de exemplares de lobo mariño adoitan aproveitarse para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños.

Cabe lembrar que o Igafa xa ten participado na recuperación de 10 exemplares de crías de lobos mariños nos anos 2013, 2014, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020. Estas colaboracións serven como actividade didáctica para a concienciación medioambiental e de adquisición de coñecementos para o mantemento e a recuperación de especies mariñas. O último exemplar que pasou polo Igafa antes de Rube foi Silbur, un exemplar de lobo mariño cincento que chegou ás instalacións do centro o 7 de febreiro deste ano e foi liberado unhas semanas despois en augas de Gran Sol tras completar favorablemente a súa recuperación.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement