Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

GALICIA) 16.700 nidos de velutina retirados en 2020

A Xunta retirou este ano máis de 16.700 niños de vespa velutina no marco do plan levado a cabo en coordinación cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuníronse hoxe con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo hoxe balance do Plan de loita contra a vespa velutina acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e destacou que desde a súa posta en marcha a finais de xaneiro o operativo de Seaga encargado da encomenda retirou máis de 16.700 niños. Así o explicou durante unha reunión no Centro de Atención as Emerxencias (CIAE) 112 Galicia con representantes da empresa pública Seaga e da central de chamadas do 012, na que tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

No encontro abordouse a renovación para o próximo ano da encomenda a Seaga no marco deste Plan a través do que a Xunta ofrece unha atención centralizada e coordinada cos concellos para facer fronte ao aumento da presenza da vespa velutina en Galicia nos últimos anos. Trátase dun Plan dotado este ano con 2,3 millóns de euros de fondos propios da Xunta e do Fondo de Cooperación Local ao que se adheriron 285 concellos, o que supón o 90% dos municipios galegos.

Por provincias, o operativo de Seaga integrado por 80 efectivos, eliminou ou neutralizou desde o comezo da encomenda en xaneiro ata mediados deste mes 8.460 niños de vespa velutina na Coruña, máis de 2.000 en Lugo, máis de 1.300 en Ourense e case 5.000 en Pontevedra. A maioría dos niños foron retirados nun prazo de menos de cinco días hábiles, o tempo de resposta establecido, ao estar situados a menos de 25 metros de altura e en lugares accesibles.

En canto á evolución anual do número de avisos, o primeiro semestre e este decembro foron os meses de menos avisos debido a que a maioría dos niños están inactivos. Pola contra, o número de chamadas máis elevado recibiuse no verán acadando o máximo no mes de agosto, con case 7.000 avisos.

Ademais, contactouse por SMS coas persoas que comunicaron o aviso para informarlles da resolución e o equipo deixou constancia das intervencións realizadas cunha pegatina que indique a data da visita e informe de que os niños están inactivos.

A directora xeral de Administración Local sinalou que o Plan basease na concentración de recursos para eliminar os niños co obxectivo de ofrecer unha solución homoxénea en tódalas zonas afectadas e acadar unha maior eficacia.

A Xunta tamén mantivo durante o estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus a atención dos avisos recibidos no 012 e os traballos por parte do operativo de Seaga cumprindo tódalas medidas de prevención ante a covid-19 establecidos. Ademais, o Goberno galego reforzou o equipamento do operativo de intervención cos medios necesarios para realizar o seu traballo con tódalas garantías de seguridade. Así, investiu case 55.000 euros en novas marcadoras de aire comprimido de gran alcance, pértegas de fibra de carbono e bombas de batería para a impulsión de biocida.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement