Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Diputados del PP por Pontevedra señalan con el dedo a Diputados del PSOE pontevedrés

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O PP denuncia que os deputados socialistas de Pontevedra votaron en contra de todas as emendas que se presentaron a favor da provincia

Pastor sinalou que se maltrata a Galicia, cos peores orzamentos dos últimos quince anos, e criticou a importante baixada para a provincia.
“Deberían ser menos ideolóxicos e máis útiles para os veciños”, defende Ramallo.

Entre os proxectos que rexeitaron inclúense dotar dunha UPR á cidade, o nó dos bombeiros ou máis tramos na circunvalación de Pontevedra.

O Partido Popular denunciou esta mañá que os deputados socialistas por Pontevedra votaron no Congreso en contra de todas as emendas que se presentaron a favor da provincia, e por iso anunciaron que o PP seguirá defendéndoas no Senado.


Foi durante a rolda de prensa que ofreceron os deputados Ana Pastor, María Ramallo e Javier Bas, xunto ás senadoras Pilar Rojo e Elena Muñoz. Pastor dixo que estes orzamentos maltratan a Galicia, xa que son os peores dos últimos quince anos, e tamén inclúen unha importante baixada de investimentos para a provincia. Por iso, os populares presentaron 48 emendas específicas de proxectos para Pontevedra, xunto a outras moitas de carácter xeral pero que teñen incidencia directa nos cidadáns da provincia, como por exemplo a redución dos impostos.

“Nesta provincia traballamos con alcaldes e voceiros, concello a concello, vendo as necesidades de cada un deles e priorizando o que é máis importante para todos os cidadáns”, destacou. Por iso, lamentan que os socialistas dixesen non a emendas como unha partida de 34 millóns de euros para o Ano Xacobeo, “con toda a importancia que vai ter para a recuperación da provincia e de Galicia o próximo ano”, e tamén a reducir o IVA turístico.

Tamén rexeitaron crear unha Unidade de Prevención e Reacción en Pontevedra, “fundamental para dar apoio e servizo tanto á cidade como ao resto da comarca”, así como dotar dunha maior dotación nas partidas e execución do Nó de Bombeiros e nos tramos da circunvalación de Pontevedra, por exemplo.

María Ramallo lamentou que “son uns orzamentos que crecen por todas partes menos en Galicia e na provincia”. E, o peor de todo, engadiu, “é que hai proxectos que presentamos como emendas que non xestionaron nin executaron cando estaban nos orzamentos prorrogados, e agora os deixan fóra dos orzamentos de 2021”. Ademais, recordou que o PP apoiou todas as emendas que o BNG presentou para a provincia, mentres que o PSOE rexeitou absolutamente todas, as dos populares e a dos nacionalistas.

Tamén criticou que non se teña en conta aos concellos nestes orzamentos, e recordou que había un acordo coa FEMP para ampliar o fondo para as entidades locais e dar resposta ao gran gasto extraordinario que tiveron que asumir pola COVID. Un compromiso que existía e non se recolleu nos orzamentos, como tampouco se tiveron en conta para os fondos europeos.

Para os populares, estes orzamentos deberían ser “menos ideolóxicos e máis útiles”, e denuncian que a prioridade do PSOE non é defender a provincia, senón seguir na Moncloa, e por iso priorizaron lograr apoios con independentistas.

SUBIDA DE IMPOSTOS
Desde o PP tamén advertiron da subida de impostos que pretende este orzamento. “Es falso, unha gran mentira, que se suban os impostos só ás clases altas. Afecta especialmente ás medias e baixas”, e sinalan que os seguros do fogar e do coche, os coches diésel, os plans de pensións ou as bebidas azucaradas repercuten nas rendas medias e baixas.

OUTRAS EMENDAS
Ademais da circunvalación de Pontevedra, o nó dos bombeiros ou a creación da UPR, o PP de Pontevedra tamén reclamou a baixada do IVA ás mascarillas, que a COVID sexa considerada enfermidade laboral para os sanitarios ou que os autónomos non paguen impostos cando non están recibindo ingresos.

También reclamaban unha aposta clave e estratéxica do Corredor Atlántico de mercancías ou investimentos que aparecían nos orzamentos de 2018 e que quedaron fóra en Pontevedra cidade, Redondela, Vilagarcía, Marín, Lalín, A Estrada, Valga, Poio, Ponteareas, Vigo, Mos, Baiona, Cambados, Caldas, A Cañiza... En canto ás peaxes, pediron concreción da gratuidade peaxe Vigo-Redondela, comprometido xa desde o ano 2018, e incluír a gratuidade tamén para os tramos Vigo-Tui da AP-9 e Lalín-Santiago na A-57, Ourense-Santiago.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement