Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

"Fora de plano", nova xornada centrada nas mulleres no Audiovisual

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A DEPUTACIÓN LANZA “FÓRA DE PLANO”, A NOVA XORNADA DA ESCOLA DE IGUALDADE MARÍA VINYALS CENTRADA NAS MULLERES DO AUDIOVISUAL


A xornada celebrarase por streaming o próximo xoves para debater e reflexionar sobre a situación da muller no cinema e na produción audiovisual


Durante a xornada presentarase o informe de CIMA e a Primeira edición dos Premios #Mulleresnofoco, impulsados pola Deputación e a Asociación de Mujeres Cineastas


Co obxectivo de reflexionar sobre a situación da muller no cinema e producción audiovisual, a Deputación de Pontevedra lanza “Fóra de plano”, unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que terá lugar o xoves, 10 de decembro.  Durante a actividade, que será por streaming e para a que xa está aberta a inscrición en www.depo.gal, presentarase o informe de CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, e se anunciará a primeira edición dos premios #Mulleresnofoco, impulsados pola Deputación e a Asociación, para poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego.


A xornada centrará o debate sobre a falta de visibilización das mulleres dun sector estratéxico cando, como asegura a presidenta provincial, Carmela Silva, “son a punta de lanza do extraordinario momento que vive o audiovisual galego e temos que reclamar o seu protagonismo porque lles pertence por dereito. “Queremos, como o propio nome da xornada indica, poñer o aceno nas mulleres do cinema para facelas entrar nun plano que é seu, e máis cando o sector está en pleno auxe pero que segue lonxe da paridade real”, asegurou. Silva indicou que reflexionarase sobre “a invisibilidade e infravaloración das mulleres profesionais nun eido onde amosan cada vez máis talento, con proxectos con grande transcendencia, compromiso e unha forte implicación social”.  


“Fóra de plano: as mulleres no audiovisual” comezará o xoves, ás 11 da mañá, coa inauguración da presidenta Carmela Silva e da presidenta de CIMA Cristina Andreu. A presidenta provincial presentará a I edición dos Premios #Mulleresnofoco, promovidos pola Deputación en colaboración con CIMA, que se convocarán de cara ao 2021. Estes premios nacen co obxectivo de incentivar o talento, traxectoria persoal e profesional, así como perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector audiovisual ou impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego. Están previstos entregar tres galardóns que porán o foco nas mulleres, situando nun lugar privilexiado o posto que ocupan: ben sexan directoras, produtoras, guionistas ou cámaras.


Posteriormente a socióloga Sara Cuenca presentará o “Informe Anual de CIMA 2020”, no que se analizan os datos estatísticos da presenza da muller no sector audiovisual en España. Tamén Chelo Loureiro, vogal de CIMA e representante da asociación en Galicia, fará un contraste dos datos estatais cos relativos a Galicia e aproveitarase a ocasión para explicar o “Decálogo das Boas Prácticas para combater o sexismo nos relatos audiovisuais”, dirixido á ensinanza e recurso útil para familias e docentes. 


Ás 12.00 haberá unha mesa de debate, “Onde estamos as mulleres no audiovisual? Cuestión de plano”, moderada por Chelo Loureiro, directora de Abano Producións, na que participarán Beli Martínez, produtora e representante de “Cinema e Muller”; Mónica Camaño, protagonista de “Nación”, un dos filmes patrocinados polo proxecto “Pontevedra, Plató de Cinema”; e Noemí Chantada, realizadora, fundadora de “Islandia Producciones” e directora da curta “Sorrisos transformadores”, que tamén impulsou a Deputación.  


Como complemento da xornada terá lugar unha selección de curtas con perspectiva de xénero que estarán dispoñibles en www.depo.gal, do 10 ao 13 de decembro, para as persoas participantes na xornada, ás que se lle facilitará unha clave de acceso para o seu visionado. Amais, tres das curtas que se poderán ver son candidatas aos Goya 2021: “Carne” de Camila Kater, curta de animación que leva recibido máis de 40 premios internacionais; “Beef” de Ingride Santos, que recolle un retrato adolescente postmillenial; e “Reflejo” de Juan Carlos Mostaza, curta de animación que trata sobre os trastornos de alimentación. Tamén poderase ver “Xoves de comadres” de Noemí Chantada, grande triunfadora do Festival de Cans e Premio do Público no Festival de Málaga; e “Familias” de Sara Bamba e Iván Martín, centrada na violencia na infancia. 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement