Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El capitán del Balonmano Cangas se confiesa diante da "gran familia unida por unha mesma paixón"

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

La web oficial del Balonmano Cangas publica una entrevista al capitán del equipo, Dani Cerqueira, hecha con las preguntas que hicieron llegar adeptos del equipo de la capital de O Morrazo. Con la debida venia pasamos a reproducirla en aras de acercar al público en general las cuestiones planteadas.

Cal era o teu soño cando empezaches a xogar ao balonmán? @jessicavieitez

Como outro neno máis de 10 anos que empeza a practicar deporte, a ilusión sería chegar a xogar na máxima categoría. Pero o realmente importante a esa idade era pasalo ben e gozar do deporte co grupo de amigos.

Como se vive desde a pista o de xogar case sen xente do público? @abarreirorodriguez

É certo que é unha sensación rara, e hai algo que se bota moito de menos para os xogadores, e máis aínda sabendo como son os partidos co Gatañal cheo. Pero esta situación é para todos os equipos, e hai que adaptarse a xogar así.

Define o Balonmán Cangas nunha soa frase @coyamarea

Gran familia unida por unha mesma paixón.

¿Levas o dorsal 20 por algún motivo en especial? @andriu_trpd

Durante moitos anos levei o número 14 e posteriormente o número 6. Ao chegar a un novo club, ambos dorsais estaban ocupados, pero a suma destes non, e de aí o número 20.

Tiñas claro desde que empezaches que o teu posto era o de pivote? @diimaar42

Para nada tíñao claro. Xa que ata os 22 anos xogaba de lateral, ata que Xota que me adestraba no Novas, comunícame que tiña que cambiar, e ata o día de hoxe.

Cal é o xogador do BM. Cangas que máis che impresionou esté en activo ou non? @carlos_v_b_

Son moitos e moi bos todos os compañeiros que tiven e teño en todo este tempo en Cangas. Se teño que quedarme cun, sería con Fernando Eijo polo que aprendín ao seu lado.

De todos os entrenadores que tiveches en Cangas, ¿cal te xera o mellor recordo? @cesargil92

Tanto Pillo, Magi e Nacho son adestradores diferentes e todos bos. O que tento é aprender e gozar o máximo de cada un deles, tendo bos recordos dos tres.

¿Cal foi o teu mellor momento como xogador do Cangas? @pepesen

Non me quedaría cun momento en concreto, xa que sempre que puiden e poida participar e axudar ao equipo é un bo momento. O fácil é dicir que serían os dous anos que quedamos 5°, pero eses que se consegue salvar a categoría nas últimas xornadas non se poden esquecer.

¿Cómo foi a túa fichaxe polo Cangas? ¿Qué sentiche? ¿Pensabas que ibas acabar sendo o capitán? @belen_cabral_15_8

Pois foi Óscar en concreto quen me chamou persoalmente. Xa o tentara á tempada anterior pero non era posible. E foi rápido, entre el e Pillo tiveron gran poder de convicción.
Sentín que chegaba a un club moi familiar, e o trato recibido polos compañeiros que había nese momento foi excelente.
Non pensaba en ser capitán, xa que había compañeiros nese momento con máis tempo no equipo que eu.

Mellor derbi xogado? @cabohomebody

Elixir un derbi, ufff, difícil, houbo moi bos, pero quedo co máis recente que xogamos como visitante en Pontevedra, con esa sensación que o Gatañal ao completo trasladouse alí coma se estivésemos a xogar en casa, e por suposto con vitoria nosa.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement