Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Plenos y Juntas de Gobierno de Deputación serán por vía telemática

Tanto cuento cada dos por tres presumiendo de que en tecnologías son el no va más y que gracias a esas maravillas implementadas por el Gobierno actual del pazo provincial funcionan muchos concellos como jamás soñaron... y, sin embargo, han tardado un mes en implementar lo más elemental, plenos y comisiones, es decir, el verdadero funcionamiento democrático del organismo, por vía telemática, como ahora se dice. Por fin espabilaron... Claro que, nunca es tarde...

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA 
POR FIN A CELEBRACIÓN DE XUNTAS DE GOBERNO 
E PLENOS POR VÍA TELEMÁTICA

A institución xa agora ten disposto o programa informático para que os órganos colexiados podan decidir de xeito virtual e votar en remoto con total garantía 

A Deputación de Pontevedra ten por fin establecido o programa para que as Xuntas de Goberno, que se celebran todos os venres, e os Plenos provinciais, que teñen lugar o último venres de cada mes, poidan realizarse de xeito telemático. Deste xeito, a partir de agora, os órganos colexiados da institución provincial volverán a reunirse, segundo o establecido, de xeito virtual para decidir asuntos de interese para a provincia e votar en remoto con total garantía.
A Deputación está a apostar agora, nesta situación excepcional, polas novas tecnoloxías impulsando iniciativas e ferramentas que permitan continuar coa actividade da institución. Deste xeito, o sistema elixido para a posta en marcha das Xuntas de Goberno e Plenos virtuais permite que as deputadas e os deputados, así como os membros do pleno, poidan participar telematicamente e en combinación presencial co persoal esencial. Nos órganos colexiados, deste xeito, participarase como se se fixese de forma presencial, emitindo as deputadas e deputados o seu voto con total garantía e, no caso dos Plenos, con sesións que serán retransmitidas vía streaming. 

A documentación dos asuntos que se inclúan na orde do día será accesible tamén vía telemática a través de Internet, algo que está a ultimar o servizo de Novas Tecnoloxías. Ademais, nestes momentos, este servizo está tamén a desenvolver unha ferramenta para poder facer vídeos das actas, incluíndo as conexións e intervencións diferentes que teñan lugar.







Ad Code

Responsive Advertisement