Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Detenido por la Policía Autonómica un presunto ladrón de 2 millones de mascarillas

Solicitouse a colaboración das forzas de seguridade de Portugal, porque os indicios apuntan a que o material roubado -que ascende a un valor estimado de 5 millóns de euros- foi vendido a unha empresa afincada no país veciño

A POLICÍA AUTONÓMICA DETÉN UNHA PERSOA EN SANTIAGO POLO ROUBO DE PRETO DE DOUS MILLÓNS DE MASCARILLAS, ENTRE OUTRO MATERIAL SANITARIO

A Policía Autonómica detivo unha persoa en Santiago de Compostela pola súa suposta implicación no roubo de preto de 2 millóns de mascarillas, entre outro material sanitario, nunha nave situada no Polígono do Tambre.

O operativo comezou tras recibir o aviso de que na nave podería haber unha gran cantidade de mascarillas do modelo FFP2, guantes cirúrxicos, pantalóns, uniformes sanitarios, botiquíns e alcohol. A empresa, que se dedica á venda de material sanitario, está actualmente en situación concursal.

Ante este aviso, os axentes solicitaron a autorización do administrador concursal e accederon ao interior da nave, onde comprobaron que a mercadoría tiña sido subtraída. En concreto, as mascarillas foron roubadas case en toda a súa totalidade -só quedaron unhas 1.000 unidades-. Todo o material roubado, para o que se calcula un valor aproximado duns 5 millóns de euros, foi extraído das súas caixas e plásticos protectores co obxectivo de ocultar a súa procedencia. 

Todo parece indicar que o roubo se produciu cando a pandemia de coronavirus xa estaba presente en varios países e era considerado un problema de saúde pública. Polo tanto, os autores do roubo eran plenamente conscientes de que este era un material moi necesario na loita contra a enfermidade e que xa comezaba a escasear no mercado. De feito, fixéronse  cos materiais que máis demanda teñen actualmente e deixaron outros que non están tan solicitados, como botas ou botiquíns.

A partir dese momento, comezou a investigación a través do exame de indicios, a comprobación das imaxes de cámaras de seguridade e a declaración de testemuñas. Así, toda a investigación apuntou a un empresario da cidade, que fora visto ao redor da nave e que, recentemente, mantivera supostamente unha reunión con cidadáns portugueses que, con posterioridade, accederon ao interior desta empresa. A hipótese actual é que, logo de roubar o material sanitario, este foi vendido a unha empresa afincada en Portugal. 

Polo tanto, procedeuse á detención do empresario pola súa suposta implicación nos feitos. Unha vez tomada declaración, foi posto a disposición xudicial. Actualmente continúan as investigacións para dar co resto de autores e as persoas que presuntamente recepcionaron o material en Portugal, polo que se solicitou a colaboración das forzas e corpos de seguridade do país veciño. Ademais, vaise dar conta de toda a operación á Delegación de Goberno.




Ad Code

Responsive Advertisement