Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu) Pleno escolar con la participación del alcalde Félix

O patio exterior do CEIP Montemogos de Beluso converteuse este mércores, 5 de maio, nun salón de plenos improvisado da man do profesorado e do alumnado de 2º, 3º, 5º e 6º de primaria deste centro. 

Félix Juncal, alcalde de Bueu, rexentou unha sesión diferente na que a rapazada o someteu a preguntas sobre as accións e programas de goberno, as cales se comprometeu a xestionar e resolver. O alumnado mostrouse moi participativo e formulou cuestións relacionadas coa eliminación das barreiras arquitectónicas, tanto no colexio como na parroquia, a eliminación de plásticos e as accións relacionadas coa redución de residuos, o fomento de hábitos saudables, a ampliación das zonas de xogo, coa inclusión de elementos novos nos parques (rocódromos, porterías, canastras), a construción de carrís para bicicletas cos que se aumente a seguridade peonil e viaria etc.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement