Ya anda el mildium dando la barrila en las viñas...

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda a aplicación dun tratamento preventivo nas viñas contra o mildio, ante as condicións meteorolóxicas previstas para as vindeiras xornadas.
O persoal técnico do centro incidiu en que aínda que as temperaturas das dúas últimas noites non foron compatibles co mildio, e a pesar de non ter atopado ningunha mancha nas viñas nas que se están a realizar revisións, é recomendable realizar un tratamento preventivo fronte a esta enfermidade. A previsión da maioría das axencias meteorolóxicas contempla a posibilidade de que as choivas previstas a partir deste martes se estendan durante algúns días, o que podería favorecer o desenvolvemento da citada patoloxía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.