Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Marta Veiga Izaguirre resultou gañadora do XVIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo

A xornalista Marta Veiga Izaguirre resultou gañadora do XVIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo convocado polo Concello de Bueu coa reportaxe titulada ‘Cantigas para despois dunha pandemia’, publicada na Revista Luzes en xuño de 2020. 

O xurado reuniuse este domingo, 18 de abril, ao mediodía e estivo conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos Johán Carballeira, David Lombao, xornalista de Praza Pública, e Nieves Neira, gañadora do certame na pasada edición e tamén xornalista en El Progreso. 

Na acta, o xurado salienta “que a reportaxe ofrece un relato no que se tratan problemas previos á pandemia que continuarán despois desta e para os que se ofrecen solucións a través de fontes expertas e un tratamento que fuxe do conxuntural”. Este traballo destaca polo seu estilo e a estrutura a modo de conversa, cun humor acedo que non cae na frivolidade. Así mesmo, a reportaxe achega a cara social e política da pandemia, máis alá de datos e cifras. O xurado quixo destacar tamén a calidade dos traballos presentados na presente edición.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement