Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Manifiesto) Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

A Xunta de Galicia, con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o día 28 de abril, quere reiterar este ano, máis que nunca, o seu firme compromiso co emprego de calidade, co convencemento de que o primeiro chanzo é garantir a seguridade e saúde mediante unha adecuada xestión dos riscos laborais nos centros de traballo.

A Organización Internacional do Traballo (OIT) para o 2021 escolleu como lema Anticiparse á crise, preparala e responder: investir hoxe en sistemas resilientes de seguridade e saúde no traballo, procurando aproveitar as ensinanzas derivadas desta pandemia que afectan á contorna laboral para fortalecer os sistemas de prevención de riscos e, deste xeito, desenvolver a calidade da resiliencia para facer fronte á crise actual e ás que poidan vir nun futuro.

Este obxectivo constitúe un enorme reto que obriga a todos os implicados na contorna laboral a traballar xuntos e arreo na mesma dirección, tendo como principios o diálogo social, a evidencia científico-técnica e a absoluta prioridade da saúde da poboación traballadora. Nesta pandemia todos os indicadores amosan que a saúde laboral é unha peza clave da saúde pública e que no futuro a visión da saúde das persoas debe abordarse de xeito integral e transversal.

A pandemia incidiu en case todos os aspectos das relacións laborais, desde o risco de transmisión do virus nos lugares de traballo ata os riscos profesionais derivados das medidas para a prevención do contaxio; e tamén incidiu na forma de traballo coa xeneralización do teletraballo e na aparición de novos riscos como os derivados do ámbito psicosocial.

En Galicia estamos a desenvolver o derradeiro ano da vixente Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, deseñada e consensuada cos axentes sociais no seo do diálogo social. Este marco estratéxico desenvólvese fundamentalmente no ámbito técnico a través do Plan de actividades do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, que no 2021 e co consenso unánime da representación sindical e empresarial ten como obxectivo principal promover a mellora da xestión da prevención de riscos laborais e seguir loitando contra a sinistralidade no traballo.

Esta planificación inclúe diversas actuacións destinadas aos sectores do tecido empresarial galego con maior incidencia de riscos e sinistralidade. No 2021 cómpre destacar o traballo da Unidade de referencia covid-19 que, a través das áreas de hixiene industrial e medicina do traballo, da unha resposta especializada ao risco de transmisión do coronavirus nos diferentes sectores de actividade para garantir a saúde nos centros de traballo, e incide na prevención de riscos laborais no traballo a distancia e nos riscos psicosociais xerados pola pandemia, seguindo as liñas trata-das pola OIT nesta conmemoración.

A saúde e a seguridade laboral son aspectos de primeira importancia na axenda política mundial, da Unión Europea, de España e, como non podía ser doutro xeito, do Goberno galego, co obxectivo de dar cumprimento ao mandato constitucional que ordena a todos os poderes públicos velar pola seguridade das traballadoras e traballadores. A actual elaboración das estratexias nos distintos ámbitos territoriais nesta materia dan conta da súa importancia nas axendas políticas.

A situación conxuntural derivada desta etapa de crise sanitaria e económica que estamos a sufrir puxo en primeira liña a prevención como solución para evitar ou minimizar os riscos, polo tanto, débese afianzar o coñecemento técnico en prevención de riscos laborais e promover o valor da integración da cultura preventiva nos centros de traballo.

Os principios de anticipación ao risco, ademais de mellorar a protección e motivación de traballadores e traballadoras, contribúen á mellora da competitividade, da produtividade e da imaxe do tecido empresarial.

Neste contexto, cobra especial importancia o labor que veñen realizando as e os profesionais da seguridade e saúde no traballo para a construción dunha resiliencia co-lectiva no eido laboral; profesionais que deben asumir retos derivados dos cambios na organización do traballo, das novidades técnicas e das reflexións que se poidan concluír trala actual crise sanitaria, para a adopción de medidas de protección e seguridade da poboación traballadora galega.

XUNTA de GALICIA

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement