Sira Vidal Laxe resultou gañadora do "XI Certame de Relatos de Muller, Matilde Bares"

A santiaguesa Sira Vidal Laxe resultou gañadora do "XI Certame de Relatos de Muller, Matilde Bares" coa obra “O espertar do teu nome”. O xurado, conformado por Eva Mejuto, Fátima Chamadoira e Arturo Sánchez Cidrás, reuniuse este luns, coincidindo co Día Internacional das Mulleres, nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres, do Concello de Bueu, onde decidiron elixir este relato como gañador.

Así mesmo, Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, aproveitaron para entregarlle o premio a Eva Mejuto, quen fora galardoada na pasada edición do certame, e á que se lle deu unha placa conmemorativa elaborada pola artista pontevedresa Paula Pereira, acompañada dun lote de libros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.