Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Xunta incorpora ao concello de Marín ao programa Xantar na Casa

A Xunta de Galicia sumou hoxe unha nova incorporación ao programa Xantar na casa coa adhesión de Marín. A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou esta mañá coa alcaldesa deste municipio pontevedrés, María Ramallo, a incorporación a esta iniciativa coa que se dará unha atención alimentaria a domicilio equilibrada e de calidade a 15 veciñas e veciños. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López.

A comida entregarase nos fogares dos beneficiarios un único día á semana para as sete xornadas, incluídos festivos e fins de semana, e unicamente deberá ser quentada antes de consumila. A aquelas persoas que carezan de neveira ou microondas facilitaránselles os electrodomésticos necesarios para preservar estes alimentos.

Ademais de garantir unha dieta saudable e adaptada as necesidades dos usuarios, Xantar na casa permite facer un seguimento da situación ou posibles incidencias dos usuarios a través dos servizos sociais municipais.

Maior cobertura

Marín é un dos doce concellos que no que levamos de ano puxeron en marcha ou ampliaron o número de persoas usuarias do Xantar na casa. Así, A Capela, Melide, Nigrán, Miño, Aranda, Lousame, Malpica, Poio, Portomarín, Rianxo e Teo xa deron este paso nos últimos meses.

En toda Galicia son 186 os municipios aos que xa chega este programa, a través do que se subministran preto de 2000 menús diarios a persoas maiores de 60 anos, dependentes ou en situación ou risco de exclusión social.

Esta iniciativa autonómica ten un custe que o exercicio pasado ascendeu a 2,3 millóns de euros, incluída a achega dos Concellos, tendo en conta que a Xunta financia o 50% do prezo dos menús; as entidades locais achegan o 25% e o outro 25% corre a cargo dos usuarios.

Servizos de proximidade

O impulso de Xantar na casa enmárcase no compromiso do Executivo autonómico de achegar ás galegas e galegos os servizos e atencións que precisan, vivan nun ámbito urbano ou rural. O obxectivo é que as persoas maiores poidan vivir esta etapa da súas vidas na casa, se iso é o que desexan.

Con esta finalidade, a Xunta ten aberta unha nova convocatoria de axudas para crear ata 63 casas do maior, con requisitos máis flexibles que nas ordes anteriores. Tamén reforzou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ao poñer a disposición dos Concellos máis horas desta prestación pública coa que reciben coidados profesionais 24.000 galegos e na que a comunidade é referente a nivel nacional. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement