Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cangas) PP exige al bipartito iniciativas reales en favor de la Juventud y que no les tomen el pelo

Dende a formación popular denuncian co goberno local de Cangas segue perdendo subvencións autonómicas por non alcanzar os proxectos a puntuación mínima. “Un feito que xa aconteceu en anos anteriores” explican.

“É lamentable cunha concellería cunha concelleira con dedicación ‘exclusiva’ funcione co piloto automático, sen iniciativa e perdendo subvencións todos os anos” afirman.


O Partido Popular de Cangas volve a criticar a xestión do bipartito nas áreas de mocidade e voluntariado. Dende o grupo municipal sinalan que un ano despois recibiron por escrito a resposta ás preguntas presentadas, “un folio (sen firma e membrete do concello ou da concellería) escrito por ambas caras que é un elocuente reflexo da falta de actividade e iniciativa da concelleira responsable deste departamento”. “Hai que decir que non se contestan a todas as preguntas salvo que no referente a medidas, o espazo en branco signifique que non pensan tomar ningunha ante a perda reiterada de subvencións autonómicas por quedar fóra de corte”. “Segundo se extrae do escrito, a causa de que non se reciban subvencións da Dirección Xeral de Xuventude dende o ano 2016 para programas de mocidade é debido a ‘un cambio nas bases das convocatorias’, cambios que polo visto non afectaron a que outros concellos sí reciban ditas axudas” afirman, “malas excusas coas que se pretende ocultar a falta de xestión dos actuais responsables municipais, máis entretidos en repartos de área ou de poñerse de acordo no reparto de soldos por non facer nada” continúan. “A sangría de subvencións perdidas continúa na área de voluntariado. Na convocatoria do Programa de Voluntariado Sénior do 2020 foi a única que quedou fóra por non alcanzar a puntuación mínima” recalcan. “Algo que xa acontecera nos anos 2016-2017 e 2018” engaden.

“Parecenos sorprendente cas campañas informativas da concellería se limiten a charlas nos centros de secundaria (charlas das que descoñecemos quen as imparte, con que frecuencia ou cal foi a asistencia ás mesmas) e non se realicen máis accións a través das redes sociais (tanto Xuventude como Voluntariado só teñen perfil en Facebook) que é a principal canle para chegar á xente máis nova” explican, “sendo a maioría do contido alleo á propia actividade de ambos departamentos, o cal non sorprende tendo en conta a escasa actividade de ambos” engaden. “Para colmo sinalan que en Cangas non se realizan campos de traballo porque ‘non foi presentada ningunha solicitude ante o concello’. A o noso entender o propio concello debe ser o principal axente dinamizador e non agardar que outros fagan o traballo por eles” afirman.“O que falta como xa é costume con este goberno é traballo” rematan.

“Esiximos aos actuais responsables municipais que se poñan as pilas e comecen a traballar nesta e noutras áreas, plantexando iniciativas e programas novos adaptados ás actuais circunstancias e dirixidos á xente nova apostando polas novas tecnoloxías como canle e soporte que permita achegar a administración local a xente nova, que poidan participar dun xeito directo nas políticas xuvenís e que permita tamén enriquecer a actual oferta formativa e de lecer coa que se conta na actualidade”.

Dende o grupo municipal do PP anuncian unha nova batería de preguntas para fiscalizar neste eido a acción “ou máis ben inacción” do equipo de goberno nestas áreas: “Qué programa de actividades vai levar o Concello de Cangas en materia de xuventude e voluntariado no 2021? Cales recursos propios van a ser utilizados paras as mesmas? Qué axudas se van a solicitar, para qué e ante qué organismos por parte da Concellería de Xuventude e Voluntariado? Ten pensado recuperar o programa DirectoXove liquidado na pasada lexislatura? Se está a valorar por parte da goberno a creación dun Consello Municipal de Xuventude?”. “Agardamos que esta vez non leve un ano responder” ironizan os(as) do Grupo Municipal do PP de Cangas.

El PP ve urgente y necesario ofrecer verdaderos alicientes a la Juventud canguesa, como forma también de combatir ocupaciones tan perniciosas como el maldito botellón... 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement