Fronteras. AECT ve intolerable que los trabajadores no puedan cruzar por Arbo-Melgaço y Tomiño-Cerveira

Uxío Benítez asegura que “chove sobre mollado” e trasladará ao delegado de Goberno este luns o malestar dos concellos

Critica que se pase o custe de asignar unha patrulla para o control do paso á cidadanía, que debe dar rodeos de máis de 60 quilómetros cos correspondentes gasto de combustible e tempo

O anuncio do Ministerio de Interior de manter unicamente aberta a fronteira con Portugal 24 horas no paso de Tui-Valença e con limitación horaria en Salvaterra-Monçao supuxo hoxe un novo ‘mazazo’ e un grande malestar para os concellos transfronteirizos do Miño. Estos consideran que se vai volver repetir a problemática do pasado confinamento, polo que solicitan que os pasos de Tomiño-Vila Nova de Cerveira e Arbo-Melgaço tamén estean operativos –cos controis necesarios- para facilitar o tránsito de persoas traballadoras e o mantemento das relacións laborais e económicas.

O vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza ‘AECT Río Miño’ Uxío Benítez afirmou que a decisión dos gobernos español e portugués supón un “novo agravio” porque “chove sobre mollado”, xa que a estas alturas “deberían coñecer a singularidade da fronteira pontevedresa”, que asume o 50% do tránsito de vehículos de toda a raia ibérica, e non volver caer nos erros do peche imposto entre marzo e xuño, que provocou serios problemas para os traballadores transfronteirizos.

Insiste Benítez en que os gobernos de Madrid e Lisboa non poden equiparar a situación do territorio miñoto coas realidades de Castela-León, Andalucía ou Extremadura, comunidades ás que concederon o mesmo número de pasos que a Galicia, e incluso un máis (no caso extremeño) a pesares de que a densidade circulatoria é moi inferior. Recoñece que por Tui-Valença transitan habitualmente preto de 16.000 vehículos/día (case 20.000 incluíndo a ponte vella) –sendo o 1º por afluencia de toda a fronteira- e por Salvaterra-Monçao arredor de 9.000 (4º), pero subliña que Tomiño-Cerveira é o 5º paso de toda a raia con case 6.000 e que Arbo está entre os 10 primeiros, con arredor de 3.000.

Segundo o nacionalista, non é de recibo que novamente, por non habilitar controis con axentes das forzas de seguridade estatais na fronteira, “aforrando un gasto laboral ínfimo”, se pase o custe do peche á cidadanía, que novamente vai ter que dar importantes rodeos de máis de 60 quilómetros para chegar aos seus postos de traballo ao outro lado da raia, co conseguinte incremento no gasto de combustible e tempo de traxecto.

Para intentar reverter a situación, o vicedirector do AECT e tamén deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez anunciou que o vindeiro luns, nunha reunión prevista co delegado do Goberno convocada para outros asuntos, porá enriba da mesa o malestar dos concellos da raia e a solicitude de apertura da totalidade dos seis pasos na fronteira pontevedresa.

A solución, subliñou o deputado, é perfectamente viable e asumible a nivel de organización, xa que ademais, a Orde publicada no BOE sobre a restitución dos controis non especifica cales son os pasos autorizados “establecidos de común acordo co goberno portugués”, polo que depende unicamente de asignar axentes a cada paso por parte do Ministerio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.