Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

PP insiste : "la de Carmela Silva, la única Diputación sin ayudas para autònomos y pymes"

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O PP critica que a de Pontevedra sexa a única deputación galega sen axudas para autónomos e pemes

Destaca que PSOE e BNG votasen en contra dunha moción para crear na provincia un plan de axudas igual que o que funciona na Coruña, gobernada por socialistas.

Luis López pide aos alcaldes “que sexan responsables, e que reclamen axudas a quen pode dalas pero non quere, que é Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e deixen de esconderse detrás das reclamacións ao goberno da Xunta de Galicia”.

Considera que é cuestión de vontade política, "porque ten capacidade económica para facelo", e pon como exemplo os 18 millóns de euros de remanente.


O deputado provincial do PP pola comarca do Deza, Luis López, critica que o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Pontevedra rexeite “expresamente” repartir un só euro en axudas para que autónomos, pemes e hostalería poidan afrontar as perdas e prexuízos ocasionados pola COVID.

Unhas axudas, explica, reclamadas polo PP no último pleno provincial e que atopou coa oposición dos deputados socialistas e nacionalistas, e que tamén reclaman desde o propio BNG nalgún concello na comarca, e recorda que en Lalín os concelleiros nacionalistas emendaron unha moción do PP para engadir á Deputación de Pontevedra entre as administracións que deben aprobar axudas directas para o comercio e a hostalería.

López denuncia que a de Pontevedra “é a única das catro deputacións galegas que non ten axudas específicas para autónomos, pemes e hostaleiros, e unha das poucas en España”. Polo tanto, di, “non se trata de si é competencia ou non da institución provincial, é cuestión de vontade política. Se o resto de deputacións aproban axudas, por que a Deputación de Pontevedra non? Porque PSOE e BNG non queren”.

O deputado popular di que tampouco é cuestión de capacidade económica, e recorda que a Deputación acaba de aprobar un orzamento de 164 millóns de euros e ten 18 millóns en remanentes. Ademais, engande que máis de 5,5 millóns de euros dos orzamentos de 2020 foron para publicidade e propaganda de Carmela Silva. “Son momentos críticos e por iso desde o PP pedimos un plan de axudas específico de 10 millóns de euros porque hai ben de onde sacalos para axudar a un dos sectores que máis o precisan”.

López recoñece que é fundamental que a Xunta de Galicia aporte axudas para o sector, “como de feito xa o está facendo, pero igualmente importante é que o resto de administracións tamén colaboren. E nesta provincia, e tamén nesta comarca, hai un agravio comparativo co resto, xa que os negocios de Coruña, Lugo e Ourense están recibindo axudas da Xunta e da Deputación provincial. Aquí só da Xunta”.

Por iso, piden aos alcaldes “que sexan responsables, e que reclamen axudas a quen pode dalas pero non quere, que é Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e deixen de esconderse detrás das reclamacións ao goberno da Xunta de Galicia, que é a única que está facendo os deberes”.

“Nós na Deputación de Pontevedra non tivemos problema en presentar unha emenda á moción do PSOE no que reclamaba máis fondos á Xunta de Galicia, para que ademais das axudas do Goberno autonómico se incluísen tamén axudas económicas da Deputación e do Goberno central, pero como son gobernos socialistas o rexeitaron porque parece que só os gobernos do PP están capacitados para facelo”, critican.

A proposta do PP para a Deputación de Pontevedra pasa por aprobar un plan de 10 millóns de euros que sexa específico para autónomos, pemes e hostalería, nos concellos de menos de 50 mil habitantes, tomando como modelo o que xa está facendo a Deputación da Coruña, gobernada por PSOE. O obxectivo é axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social.

Silva y su negativa exasperan a los del PP

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement