Despois de pasar
por festivais como o Festival de Cine Europeo de
Sevilla, Cineuropa ou Márgenes o filme
proxectarase en Bueu este sábado antes da súa
estrea en salas o próximo 18 de decembro.
O evento, que se celebrará este sábado 12 ás 19h00 no Centro Social do Mar contará coa presenza de gran parte do equipo e estará amenizado por un pequeno concerto da banda Chicharrón.
Este
sábado, Ons, o último filme de
Alfonso Zarauza, poderá verse ás 19h00 no Centro
Social do Mar de Bueu. A vila, na que
se enmarca a illa de Ons, será o escenario dunha das
preestreas do filme nun evento que contará con parte
do equipo e coa música en directo de Chicharrón.
Este trío de Carballo achega á banda sonora de
Ons o tema “Na cela”, que adapta un poema de
Antía Otero, e prevé acompañar o filme nalgunhas das
presentacións previstas de cara á estrea do 18 de
decembro en salas comerciais.
"Quería facer unha película que falase da necesidade e a escaseza. Neste caso da necesidade de amor, de seguridade emocional, de maternidade e de desexo, pero tamén da escaseza de todo iso". "Ons non é un thriller, é unha película con misterio" di o seu director, Alfonso Zarauza.
O elenco
Dirixida por un dos cineastas
máis sólidos do audiovisual galego, Alfonso
Zarauza (Os Fenómenos, Encallados,
Crebinsky) Ons está protagonizada por
Antonio Durán "Morris" (Fariña), Melania
Cruz (A esmorga, Dhogs), Xúlio
Abonjo (Fariña, María y los demás),
Marta Lado (Sicixia), Anaël Snoek,
(Adoration), Diego Anido (Trote),
Cris Iglesias (Eroski Paraíso) e
Miguel de Lira (Los Hombres de Paco, Dhogs,
A esmorga).
Sinopse
Tras unha profunda depresión pola morte do seu amante nun accidente de coche, o doutor Vicente (Antonio Durán, "Morris") chega xunto á súa esposa Mariña (Melania Cruz) a unha remota illa do atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que lle pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
BTEAM PICTURES
estreará “ONS" o próximo 18 de decembro.