Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La carta que nos envían los de PlayPlan. Pasa y entérate...

Bo día!

Rematamos maio, un mes no que xa se nos permitiu liberarnos un pouco e disfrutamos de máis música. Pronto volveremos a subirnos aos escenarios e atoparémonos nos concertos, aínda que sexa en pequenos aforos e garantindo as medidas de seguridade.

Tras adiar a edición deste ano do SonRías ao 2021, unha decisión difícil e complicada para nós, queremos presentarvos as últimas novidades que temos dende PlayPlan e o SonRías.

Así que, moito ánimo e, sobre todo... Sentidiño!

Unha aperta do equipo de PlayPlan.



Celebrando as Letras Galegas
Os nosos artistas celebraron as Letras Galegas subindo videos ás redes sociais. A desfrutar!
García Mc presenta á nova tripulación da Nación Quilombo con un video
Cunha versión "estado de alarma" de Amor e sangue en Chiapas de Lois Pereiro, García Mc preséntanos á nova tripulación que se unen a Guille Seimur e o propio García. Eles son:
🥁 Jorge Guerra - Batería!
🎸 David Marin no baixo!
🎹 Carlos Lamosa nos teclados!
Eterno Combate, o novo disco de SonDaRúa, supera as 263k reproducións en Spotify
Logo dun mes da estrea de Eterno Combate,  dispáranse as reproducións deste novo disco de SonDaRúa e xa superan as 263.000. O disco está dispoñible xa en todas as plataformas dixitais.

Ad Code

Responsive Advertisement