Homenaje a Concepción Arenal en el 200 aniversario de su nacimiento

A conselleira de Política Social, Fabiola García; acompañada da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, realizou esta mañá unha ofrenda floral á ilustre galega Concepción Arenal con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. Fíxoo no cemiterio de Pereiró, en Vigo, onde repousan os seus restos.
O Goberno galego destacou o seu importante papel na mellora dos dereitos das persoas reclusas e o seu impulso pioneiro na axuda aos máis desfavorecidos así como na procura da igualdade entre mulleres e homes, ao favorecer o seu acceso a todos os niveis educativos.

Concepción Arenal naceu en Ferrol un 31 de xaneiro de 1820. Licenciada en Dereito, é considerada unha pioneira da loita pola igualdade entre mulleres e homes en España ao denunciar a condición da muller no século XIX. Ao longo da súa vida levou a cabo unha importante actividade no eido social e humanitario onde destaca a súa colaboración coa sociedade San Vicente de Paúl, así como a denuncia dos abusos e inmoralidades dos cárceres e hospicios.   



Share: