Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia, el Tiempo : segunda semana de mayo florido con la orquesta del chaparrón y sus alegres melodías

Toca paraguas. Comenzamos la segunda semana de mayo florido con la orquesta del chaparrón y sus alegres melodías a las que solemos estar ya acostumbrados. Eso sí, seamos agradecidos que en el fin de semana la cosa cambia y el domingo, los más valientes, en las Rías Baixas, hasta pueden meterse en el calzón náutico y echarse al agua. MeteoGalicia, que son gente de fiar generalmente, nos lo ha contado así :

Ceos moi anubrados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios. Vento forte do Sudoeste do mércores pola mañá ó mércores pola tarde.
En canto ó estado da calidade do aire, manterase admisible en termos xerais.


MÉRCORES
Tras o paso da fronte durante a noite do martes ó mércores, quedamos na zona dos chuvascos que veñen detrás. Deste xeito, agárdanse intervalos anubrados con chuvascos intermitentes, que serán máis ocasionais canto máis ó leste. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán fortes do suroeste con refachos moi fortes arredor de Bares.

XOVES
O xoves as baixas presións situaranse moi preto de Galicia, cun sistema frontal asociado que afectará a Galicia durante esta xornada. Así, os ceos estarán cubertos con chuvias que comezarán pola mañá na metade oeste a a partir do mediodía chegarán a toda a Comunidade e deixarán acumulados importantes ao final da xornada. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur frouxos, aumentando a moderados na metade sur á tarde.

VENRES
O venres Galicia permanecerá na influencia das baixas presións polo que se agarda outra xornada marcada polas chuvias. Así, os ceos estarán cubertos con chuvias que aínda na primeira metade do día serán localmente persistentes e deixarán acumulados moi significativos. Co avance da xornada as chuvias irán perdendo intensidade e remitirán á noite. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do sudoeste.

SÁBADO
A partir do sábado Galicia queda na influencia das altas presións, polo que se agarda tempo seco e estable con moi baixa probabilidade de precipitación. O aire cálido irá chegando a Galicia dende o sur peninsular, polo que as temperaturas irán en progresivo ascenso e se agardan valores altos para a época do ano, con máximas que a partir do domingo chegarán aos 30ºC en moitos puntos da Comunidade.





Ad Code

Responsive Advertisement