Harto de tantas manipulaciones a ultranza, el presidente Feijóo acude a la Comisión de Investigación sobre la Sanidad Pública y no deja títere con cabeza

Fue este 16 de enero día en el que -harto ya de tanta manipulación, de tanta campaña orquestada sobre la Sanidad Pública en cuanto se acercan unas elecciones- el presidente de la Xunta ha dicho ¡basta!. Y lo ha hecho en su intervención en la Comisión de Investigación sobre Sanidad, abierta en el Parlamento de Galicia.
Mientras el alcalde de Vigo, Abel Caballero, escapa cual gato escaldado de la Comisión de Investigación del Parlamento Gallego (sobre el escandaloso asunto de O Marisquiño que originó varios cientos de accidentados)... el presidente de la Xunta, Núñez Feijóo, sí es de los que da la cara en Comisión especial en el Parlamento de Galicia, en este caso abordando el estado de la Sanidad Pública.
Merece, pues, la pena leer con calma -por lo trascendente- lo que ha dicho el presidente Feijóo en su comparecencia en el Parlamento gallego hace muy poco... Por muy diversas razones, a poco que se paren ustedes a pensar sobre lo que el presidente expone y sobre lo que a través de sus firmes palabras también denuncia. No es poco... y define muy a las claras a qué juegan políticamente en Galicia ciertas formaciones... Veamos :

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE 
DA XUNTA NA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN
SOBRE SANIDADE
Parlamento de Galicia, 16 de xaneiro de 2019

Núñez Feijóo, presidente de la Xunta de Galicia
Presidenta da Comisión,
Deputadas e deputados:

O Título Primeiro do noso Estatuto de Autonomía recoñece que os poderes da
Comunidade se exercen a través do Parlamento. Tamén a través da Xunta e do seu presidente pero, por diante deles, por diante de calquera outra institución ou persoa, en primeiro lugar, figura o Parlamento.
Creo pertinente recordar este principio básico estatutario porque, aínda que non é a única razón pola que estou aquí, si é unha das miñas principais motivacións.
Estou aquí porque eu respecto o Parlamento e, por tanto, respecto as galegas e os
galegos, que son os que deciden cos seus votos a composición desta Cámara en cada
lexislatura.
Estou aquí con independencia de quen propuxera a creación desta comisión, á marxe da
miña opinión particular sobre o comportamento que están tendo algúns grupos políticos,
e pedín comparecer sen saber cal ía ser o seu plan de traballo. Por respecto ao
Parlamento e, por tanto, por respecto aos galegos, o meu deber é estar aquí.
En coherencia con isto, síntome na obriga de mostrar o meu total rexeitamento á
desconsideración coa que se está a tratar esta Cámara nos últimos tempos.
E non só neste foro, senón tamén, por exemplo, na comisión de investigación aberta,
tamén por proposta da oposición, para avaliar as causas do accidente do Marisquiño o
pasado verán en Vigo.
Cando representantes públicos de institucións galegas aos que se lles solicita
comparecer se negan a facelo, estase faltando ao respecto ao Parlamento galego e, por tanto, ao conxunto dos galegos.

Cando tres dos catro grupos parlamentarios se ausentaron da comisión que eles
mesmos pediron, estase faltando ao respecto ao Parlamento e, por tanto, tamén aos
galegos.
Cando se simula a creación doutra Cámara, como se fose posible suplir a que decidiron
democraticamente os cidadáns, estase faltando ao respecto ao Parlamento galego e, por
tanto, aos galegos.
Cando se ignoran as comparecencias de profesionais sanitarios, de asociacións de
pacientes, de persoas independentes e alleas á vida política, estase faltando ao respecto
ao Parlamento galego e, por tanto, aos galegos.
Paréceme triste e vergoñento que isto ocorra e, por iso, gustaríame pedir unha reflexión
madura sobre a conveniencia de seguir por un camiño que, no fondo, só se explica polo
desprezo á vontade popular expresada nas urnas.
Porque non vexo outra xustificación posible.
Primeiro porque o aparente conflito sobre esta comisión está baseado nunha mentira.
Pese a que sería lexítimo que o Grupo Popular exercese a súa maioría, porque foi
reflectida nas urnas, preténdese consolidar a idea de supostas imposicións, cando as
dúas comisións de investigación abertas nesta Cámara foron por proposta da oposición;
e mesmo cando se aceptou que a minoría parlamentaria tivese a maioría absoluta de
comparecentes.
Pero ademais, tampouco debería ser suficiente para desaparecer das obrigas
parlamentarias o desacordo coas normas ou coa planificación. Eu tampouco comparto,
por poñer algún exemplo, a motivación que levou a crear esta comisión, que non foi
outra, na miña opinión, que tapar a do accidente do Marisquiño; ou tampouco comparto
o propio título desta comisión. E porén en ningún momento dubidei que a miña obriga
era estar aquí.
É o meu deber, pero quero subliñar que ademais é a miña vontade e, por iso, desde o
principio solicitei comparecer.
Fágoo porque advirto por parte dalgúns sectores unha premeditada descualificación
global da Sanidade pública. E se alguén cuestiona o sistema deste xeito, eu por suposto
que o vou defender.
Señorías, non creo que iso signifique defender o meu Goberno. Tampouco os anteriores
gobernos de Galicia. Ningún presidente, ningún Executivo, ningún partido, pode
apropiarse dos méritos da Sanidade Pública galega.

Defender a Sanidade Pública é recoñecer un dos maiores logros colectivos da Galicia
autogobernada. Nel súmanse o esforzo contributivo dos cidadáns que a financian, a
capacidade profesional dos sanitarios, a calidade da formación das escolas e centros
universitarios, a capacidade dos xestores e tamén os compromisos de todos os
gobernos que tivo a Xunta de Galicia.
Pode haber matices, e mesmo discrepancias profundas, en asuntos concretos. Pero a
Sanidade Pública é unha obra de todos, que debería enorgullecernos a todos e, en
consecuencia, ser defendida por todos.
É perfectamente posible, e incluso complementario, facer as dúas cousas: precisamente
aceptar que o nivel da Sanidade Pública é altísimo e é o que nos permite ter un grao de
esixencia aínda maior que nos convoca a alcanzar cotas máis altas.
Por iso, eu quixera distinguir nesta comparecencia entre as críticas que pretenden
mellorar o sistema e as críticas que pretenden destruílo. Críticas que queren mellorar un
modelo de Sanidade Pública que é dos mellores do mundo, e críticas que se basean na
errónea idea de que todo está mal.
Os críticos destrutivos teñen un relato xa elaborado, que ademais alimentan desde hai
anos, á marxe da verdade de cada momento, e establecen as conclusións antes das
premisas. Seguramente por esa razón ignorarán as achegas que eu faga nesta
comparecencia, como ignoraron as que fixeron asociacións de pacientes, sindicatos,
profesionais sanitarios, especialistas financeiros, membros do Goberno...
Deu igual que aquí viñesen persoas propostas polo Grupo Parlamentario Popular ou
propostas polos grupos da oposición.
Ata me atrevería a dicir que tamén daba igual que o eixo deste debate fose ou non a
Sanidade Pública. Porque o idéntico catastrofismo dirixiuse antes a outras materias,
como a educación e a xustiza, e dirixirase no futuro a saber contra que. Seguramente
coas mesmas palabras, coas mesmas mentiras, e coa mesma falta de diálogo
institucional.
Os críticos destrutivos non buscan a mellora de nada, senón a denigración
indiscriminada de todo. E unicamente por razóns ideolóxicas ou partidarias. Para eles, a
Sanidade Pública non é o obxectivo, senón un instrumento máis para tentar influír na
opinión cidadá, a mesma opinión cidadá que curiosamente desprezan cando non están
aquí.

Por iso, eu quero apelar a esas outras persoas e colectivos, fundamentalmente a pacientes
e profesionais, que, partindo da base de que temos un bo sistema sanitario público,
advirten de ineficiencias reais que entre todos debemos reverter.
Sei que podo contar con eles para mellorar e non para destruír, e eles poden contar co
Goberno porque o Goberno, nese diagnóstico e neses obxectivos, si que coincide.
Si, señorías. A Sanidade Pública galega é boa. E a Sanidade Pública galega é mellorable.
Non hai contradición ningunha entre ambas as sentenzas.
Pódese ser inconformista sen que iso impida recoñecer que Galicia é un territorio cunha Sanidade Pública mellor que en calquera outro momento, e tamén mellor que na maioría do noso contorno.
Os primeiros en facer esa afirmación son os cidadáns. De feito, no barómetro sanitario máis recente publicado polo Ministerio de Sanidade, outorgan á Sanidade Pública a nota máis alta da serie histórica, e indican que os servizos que máis valoran son, xustamente, a atención primaria e as urxencias.
Nesta intervención referireime a diversos indicadores que avalían a calidade do sistema,
pero coincidirán comigo en que a opinión cidadá é o máis importante. Pois ben, desde
que se lles fai esa pregunta, desde hai 16 anos, nunca antes que agora os galegos
valoraron mellor a Sanidade Pública. Pola contra, noutras comunidades, esa cualificación
foi decrecendo nos últimos anos.
Seguro que calquera galego pode sinalar necesidades e cousas que mellorar no seu
ambulatorio ou no seu hospital público de referencia. Pero se a valoración final é cada
vez mellor é porque no seu día a día coñecen moitísimos máis exemplos de esforzo, de
recursos e de éxito.
Iso non sería posible sen a confluencia de varios factores. Primeiro, profesionais e
medios axeitados. Segundo, xestores eficientes e sensibles ás demandas cidadás. E
terceiro, estruturas flexibles. Galicia posúe todos eses factores e a eles gustaríame
referirme ao longo desta intervención.
Citei en primeiro lugar os profesionais porque eles son o piar do sistema. Máis aló de
polo obvio –sen sanadores non habería sanidade-, pola súa capacidade de resposta e de
adaptación en todos os momentos.
Falo, por suposto, en termos formativos porque a súa constante actualización permite
que o nivel sexa elevadísimo, e que a Sanidade pública galega se vaia axustando ás
novas patoloxías, técnicas e tratamentos.

Pero tamén falo en termos económicos porque a súa profesionalidade tamén é
permanente e está á marxe das condicións contractuais ou retributivas de cada
momento.
Considero necesario facer esta afirmación por dous motivos.
Primeiro, porque neste Parlamento –e tamén fóra del- se teñen vertido graves
acusacións sobre os facultativos, mesmo vinculando altas a pacientes con falsas primas
salariais, ou insinuando unha suposta submisión xeral dos profesionais á industria
farmacéutica. Sorprendente que aqueles que din defender e representar os profesionais
chegasen a afirmar que estes cobraban fraudulentamente ou a cambio de non curar.
Nin isto é certo nin tampouco que a capacidade asistencial se vise minguada cando lles
pedimos aos profesionais sanitarios –como ao resto dos empregados públicos- esforzos
retributivos para facer fronte á crise económica.
Por iso, quero recoñecer a súa implicación en todo momento. E especialmente para
facer posible que, pese á tormenta económica vivida, hoxe poidamos dicir que desde
2009 a Sanidade Pública en Galicia mellorou os seus servizos todos os anos, e que hoxe chega con máis prestacións e máis axilidade que nunca.
Isto non é unha opinión senón o que reflicten os indicadores.
Máximo histórico en intervencións cirúrxicas no Sergas. 210.000 en 2018, é dicir,
34.000 intervencións máis que no ano 2008.
Máximo histórico en consultas. En hospitais (4,5 millóns, 15,8% máis).
E en atención primaria (26,6 millóns, un 3% máis).
Máximo histórico de transplantes, 354 o pasado ano. Un 32,% máis dos realizados en
Galicia en 2008.
Alta capacidade de resolución de atención primaria, xa que no 94,3% dos pacientes non
foron derivados a un hospital.
E as menores esperas cirúrxicas, de consultas e de probas diagnósticas nos hospitais
desde que hai rexistros. Hoxe agárdanse 20,7 días menos para unha cirurxía moi grave,
7,9 días menos con carácter xeral e 18,4 días menos para unha consulta, do ano 2018
sobre o 2008.
Son datos obxectivos, e con eles na man cabe preguntarse se alguén pode crer que
estas cifras serían posibles cunha política baseada no recorte asistencial, tal e como
afirman partidos da oposición. É evidente que non.

Iso non se produciu, señorías, porque a Sanidade pública sempre foi unha prioridade nos
orzamentos da Xunta. Das anteriores e da actual. En momentos de bonanza, e tamén
durante a crise, a pesar de que, por suposto, neses anos de dificultades históricas foi
unha tarefa certamente difícil.
Non foi sinxelo gobernar cando a economía decrecía por riba do 2%, o déficit público
rozaba o 9 % do PIB, cada vez incrementábase o desemprego, diminuían as afiliacións á Seguridade Social, caía a recadación tributaria. e a sombra dun rescate europeo estivo durante anos albiscando o horizonte de España e, en consecuencia, de Galicia.
Non foi sinxelo gobernar cada ano con menos presuposto que o anterior.
Non foi sinxelo pero eu síntome orgulloso de que os galegos fósemos capaces de blindar
e mesmo de mellorar os nosos servizos públicos, e especialmente a Sanidade Pública,
durante momentos complexos.
Se foi posible é grazas a tres comportamentos responsables que puxeron de relevo a
madurez do noso autogoberno e que me gustaría recoñecer expresamente:
A responsabilidade dos distintos departamentos do Goberno que aceptaron reducir o
presuposto de todas as consellerías para manter e incluso incrementar o presuposto da
Consellería de Sanidade.
A responsabilidade dos pacientes, que mudaron normalmente actitudes con grande
impacto no gasto, como incrementar o consumo de medicamentos xenéricos dun 10 en
2008 ao 44 % no 2018.
E, por suposto, a responsabilidade dos profesionais, que durante varios anos exerceron
o seu labor con soldos conxelados, sen extras ou con menos días de libre disposición.
É certo que todos eles son conceptos xa completamente restituídos hoxe en día, e
mesmo superados a través da carreira profesional pactada cos sindicatos.
Pero non debemos esquecer os esforzos que fixeron. Eu, desde logo, non o esquezo.
Precisamente por iso, por ese precedente, estamos mellorando sensiblemente as súas
condicións laborais, e tamén por iso escoitamos con atención as propostas que moitos
deses profesionais fan agora para mellorar o sistema.
Non falaron nin están a falar de falsos recortes, senón que abren debates para mellorar
prestacións e condicións nun momento que parece de expansión económica. É dicir, nun
momento no cal, coa prudencia precisa, loxicamente, se poden avaliar as demandas con
máis amplitude que hai uns anos.

Isto é significativo porque, ao fin, demostra que saben que se avanzou a pesar das
dificultades, e que saben que queremos seguir mellorando.
En efecto, señorías, para que a Sanidade Pública siga progresando está á disposición un triplo compromiso do actual Goberno que me gustaría reafirmar: máis fondos, máis profesionais e máis medios.
Hai máis fondos porque nos últimos anos os recursos sanitarios non só non diminuíron,
senón que aumentaron, convertendo Galicia na 5ª CCAA con maior gasto sanitario
consolidado de España.
En datos absolutos, cun aumento do 10 % (de 3.600 millóns en 2008 a 3.987 M€ en
2018).
E tamén en datos relativos, con máis de 4 puntos de incremento (do 36 a máis do 40 %
no 2018).
Hai tamén máis profesionais. Concretamente, máis de 2.300 profesionais máis, o que
supón un incremento do cadro de persoal dun 6,5% respecto a situación que atopamos.
En persoal médico e de enfermería aumentamos en máis de 1.300 en Atención
Hospitalaria e arredor de 250 efectivos máis en primaria.
Ademais, tamén levamos varios anos esforzándonos por mellorar a súa situación. Así:
Os profesionais sanitarios recuperaron o nivel retributivo que se vira afectado durante a
crise, o que se traduce nun incremento do 10,5% de incremento salarial desde 2016
Aprobamos a carreira profesional específica, que suporá melloras engadidas. Deste
xeito, xa desde este mes 22.000 traballadores do Sergas incrementaron de media un 6
% as súas retribucións, e seguirán aumentando ata 2021 por riba do IPC.
Ampliamos a prórroga voluntaria do servizo activo máis aló dos 65 anos.
Por primeira vez hai un concurso de traslados aberto e permanente.
E, tras varios anos nos cales a normativa do Estado nos impoñía limitacións á hora de
ofertar novas prazas, agora estamos levando a cabo OPE expansivas. En total, nos
últimos anos superamos as 7.500 de oferta de emprego público.
Señorías, máis fondos, máis profesionais e, en terceiro lugar, máis medios para poder
prestar un mellor servizo.

O exemplo máis ilustrativo desa mellor dotación é a modernización completa das
infraestruturas sanitarias, que estamos levando a cabo de xeito ininterrompido desde o ano 9 é que, ao seu remate, permitirá poñer á disposición dos galegos un novo Servizo Galego de Saúde que estamos construíndo, mellor preparado para hoxe pero
definitivamente tamén mellor preparado para o futuro.
Nuns casos, as obras están completamente rematadas: en Vigo construímos un dos
mellores hospitais públicos de España e dotámolo da tecnoloxía sanitaria máis punteira.
En Lugo equipamos totalmente un novo hospital público e melloramos a carteira de
servizos. No hospital público do Salnés ampliouse un 26% a superficie hospitalaria.
No hospital público de Verín ampliouse a carteira de servizos e renováronse as consultas
externas.
E no hospital público de Cee instalouse unha nova sala de hemodiálise e modernizáronse
os quirófanos.
Noutros casos, as actuacións estanse executando neste momento: en Ourense, xa está
funcionando o novo edificio de hospitalización con 52.000 metros cadrados adicionais e
está presentada a 2ª fase que complementará e mellorará na súa integridade o hospital.
No hospital público da Mariña continuamos completando a ampliación, da que xa
rematamos a primeira fase cun aumento da superficie dun 33% e xa estamos
acometendo obras para reformar a superficie hospitalaria actual.
No hospital público da Coruña renovouse o 100% do bloque cirúrxico e duplicáronse as
urxencias, e antes de que remate a lexislatura, presentaremos o novo hospital público
da Coruña.
En Pontevedra, estamos traballando no proxecto do futuro Gran Montecelo, como
comprobarán vostedes na hemeroteca de hoxe que estamos expropiando para poder
licitar este mesmo ano o hospital público Gran Montecelo.
No hospital público de Ferrol redactamos o proxecto básico e de execución e está xa
licitado no BOE e no DOG a ampliación do hospital público de Ferrol.
O hospital público de Santiago estase situando na vangarda da investigación e xa se
está planificando a súa futura reorganización e ampliación.
No hospital público do Barbanza ampliamos as consultas externas, inauguramos un
laboratorio de análises e comezamos a ampliación das urxencias.

No hospital público de Monforte introduciuse o servizo de oncoloxía e proximamente
contratarase o seu proxecto de remodelación.
O hospital público de Valdeorras terá proximamente un proxecto de reforma con novo
equipamento.
Desde 2009 actuamos, ampliamos ou construímos en 54 centros de saúde e ata 2020 a cifra total ascenderá a 82 centros de saúde novos ou reformados.
A mellor dotación sanitaria tamén se reflicte no ámbito tecnolóxico, señorías. Nunca
antes se fixera unha aposta tan forte pola incorporación da tecnoloxía: 100 M€ nos
últimos anos.
Desde a máis alta tecnoloxía: quirófanos híbridos, resonancias, PET, aceleradores
lineais,...
Ata aparellaxe máis simple pero igualmente fundamental: mamógrafos dixitais,
ecógrafos, electrocardiógrafos, ...
Señorías, fago esta longa enumeración de actuacións para poñer de relevo que, grazas a
elas, hoxe sete de cada dez galegos vivimos nunha área sanitaria cun hospital público
novo ou renovado ou centro de saúde público novo ou renovado. E cando todas estas
infraestruturas se completen, o cen por cento dos galegos viviremos nunha área de
saúde cun hospital público novo ou renovado ou cun centro de saúde novo ou
renovado.
Repito, mellor servizo público. E repito mellor Sanidade pública. Comprendo que hai
partidos políticos que se senten molestos cando escoitan isto na boca dun dirixente do
Partido Popular porque cren, ou mellor dito, queren facer crer, que esa palabra lles
pertence.
Por exemplo, neste Parlamento díxose que se pagaba por ter un sillón en condicións
dignas no hospital público de Vigo. Falso.
Neste Parlamento díxose que Feijóo está matando máis xente que ningún grupo
terrorista do Estado español. Sen comentarios.
Acusouse de homicidio a distintos profesionais do Sergas. Sen comentarios.
Por iso se convocou unha manifestación contra a falsa privatización do novo Hospital
Público de Vigo. Sen comentarios.

Por iso se afirma que desde a Xunta se traballa para a sanidade privada. Sen
comentarios.
E por iso séguense dicindo todo tipo de cousas.
Señorías, fixéronse e dixéronse, fanse e dinse, barbaridades que nada teñen que ver con defender a Sanidade Pública. Defender e desprestixiar son cousas moi diferentes.
Por fortuna, cando os globos se inchan de forma artificial, con mentiras e con enganos, acábanse desinchando, e, antes ou despois, caen polo seu propio peso.
Por iso os cidadáns saben que en Galicia non se paga por acompañar a ningún enfermo,
e non se paga por ningunha actividade asistencial.
Por iso os cidadáns saben que na Sanidade pública o que se fai é tentar salvar vidas, e
salvalas de feito a inmensa maioría das veces.
Por iso os cidadáns saben que hoxe se gasta menos en concertos coa Sanidade pública
que o que gastaba que o Goberno do bipartito.
E por iso os cidadáns saben –tamén os que foron enganados para saír ás rúas de Vigoque
o seu hospital é público e que é un dos mellores de España, tal e como corroborou
ata a propia Xustiza, remarcando o seu carácter público.
Señorías, aínda que doa, aínda que ameacen, aínda que mintan, imos seguir defendendo
a Sanidade pública da única maneira que se pode facer: con máis Sanidade Pública.
Exactamente como ata agora e exactamente como queren a maioría dos galegos e das
galegas.
En efecto, mantemos intactos os mesmos obxectivos que a maioría dos cidadáns:
empregar os fondos, motivar os profesionais e incrementar os medios para dar máis e
mellores prestacións públicas aos usuarios.
Todos eles teñen hoxe servizos sanitarios públicos que cando cheguei ao Goberno ou
non estaban consolidados ou, nalgúns casos, nin existían.
Hoxe os galegos temos garantidos por lei prazos de espera máximos, unha posibilidade
da que desde 2017 xa se beneficiaron 43.000 persoas. E todas elas dentro da Sanidade
Pública, malia que dixeron que se fixera esta lei para favorecer á sanidade privada.
Igualmente, hoxe hai dereito de elección de médico, pediatra ou persoal de enfermería,
así como de centro hospitalario por un novo problema de saúde, opción que elixiron
libremente máis de 311.000 galegos.

Hoxe hai dereito a unha segunda opinión máis áxil, e xa a teñen solicitada máis de
1.200 pacientes.
Hoxe hai máis vías rápidas que nunca para a atención de determinados cancros (mama, colon, pulmón próstata, vexiga, melanoma e cabeza e colo), o que nos permitiu acadar un tempo medio de derivación desde a atención primaria ata o especialista en casos de cancro de menos de cinco días.
Hoxe hai novos servizos de atención, como a consulta telefónica en atención primaria,
que antes non existía, ou o seguimento postoperatorio a todos os pacientes dados de
alta no hospital que son chamados desde o centro de saúde
Hoxe está garantida mellor información e máis accesible, grazas a extensión da historia
clínica e da receita electrónicas ao cen por cen dos galegos. Cando chegamos nin o 1%
da dispensación se realizaba a través de receita electrónica, menos do 10% dos
profesionais realizaban telemedicina, e non había acceso ás probas de imaxe nos
centros de saúde.
Hoxe hai máis vacinas gratis que nunca para os nenos (como a da varicela e o
pneumococo) que antes había que pagar, incorporouse a da tose ferina para mulleres
embarazadas e por primeira vez aprobamos un calendario de vacinación para adultos.
Hoxe hai novos medios de prevención, grazas, por exemplo, a un sistema de cribado
semellante ao do cancro de mama para o cancro de colon, e desde este ano tamén para
o cancro cervical.
Ou hoxe están consolidados novos tratamentos que antes non existían, como é o caso
da hepatite C, na cal me quero deter expresamente.
O Servizo Galego de Saúde leva investidos 130 M€ nestes tratamentos. E tratado a
7.800 afectados por esta patoloxía. Galicia foi unha das primeiras CCAA e das primeiras
rexións europeas en activar estes tratamentos.
Cónstame que xa houbo comparecentes nesta comisión que falaron amplamente de
como funcionaban as comisións de valoración destes casos e creo que quedou
acreditado que dicir que había un intento de aforro en menos dunha decena de casos
cando se estaban a tratar miles non cadra coa verdade de ningún xeito.

Permítanme simplemente engadir que afirmar de xeito reiterado que persoas cunha
profesionalidade acreditada deixaron morrer outras persoas por aforrar uns miles de
euros é superar todos os límites de calquera confrontación.
Eu comprendo as disputas partidistas –estiven na oposición-, pero non me cabe na
cabeza que se cometan semellantes inxustizas contra quen nada ten que ver coa
política, que son os médicos e profesionais sanitarios.
Acepto, en definitiva, que existe marxe de mellora na Sanidade Pública, como en
calquera sistema do nivel do noso que xa é dos mellores, pero non podo compartir que
se desacredite a Sanidade pública galega no seu conxunto.
Señorías, non sexamos compracentes, senón xustos. E non sexamos conformistas,
senón esixentes.
Porque certamente a Sanidade pública sempre será unha obra inacabada. Nuns casos
por novas posibilidades de atención ou de xestión; noutros porque aparecen novas
patoloxías ás cales tentar dar resposta; e finalmente porque a Sanidade pública debe
atopar acomodo na sociedade do futuro, sempre será susceptible, pos todas estas
causas, de perfeccionamento.
Neste senso, hai moito tempo que veño reclamando a necesidade dun gran pacto
político en España pola Sanidade pública que nos permita salvagardar a calidade e a
sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde–unha cousa non é posible sen a outra.
Sen financiamento non haberá sanidade pública, aparcar sine die a reforma de
financiamento e da peza separada que a Sanidade debería ter no novo modelo, proba
que esa mellora estrutural non se quere abordar. E non é o único erro que se está a
cometer na miña opinión en España.
Outra equivocación igual de perniciosa é transmitir a idea de que abordar unha reforma
sanitaria conduce inexorablemente á privatización do sistema. A miña opinión, como xa
teño dito en moitas ocasións, é que ese temor se confirmará precisamente se non
facemos nada.
En Galicia estamos traballando e seguiremos traballando. Ás veces con grandes
detractores nun primeiro momento, como ocorreu cando aprobamos o catálogo de
medicamentos ou cando apostamos polas compras centralizadas de material sanitario,
hoxe sistemas xeneralizados no conxunto de España.
Tamén é erróneo pensar que a responsabilidade política da Sanidade é achacable en
exclusiva ás CCAA, como se o traspaso das competencias liberase na súa totalidade as
autoridades sanitarias da Administración xeral do Estado.

Non debe ser así porque afrontar os problemas da sanidade pública unicamente desde o
ámbito autonómico podería alimentar unha reforma insolidaria e desequilibrada que creo
totalmente desaconsellable.
Ademais, unha Administración, como a AXE, que mantén capacidade decisoria única
sobre aspectos básicos da Sanidade, correspóndelle exercer a súa responsabilidade. O
Ministerio de Sanidade é a única autoridade que ten competencias para sinalar o número
de prazas que se acreditan e se forman a través dos MIR e, polo tanto, condiciona os
cadros de persoal de todos os servizos de saúde. O Ministerio de Sanidade é a única
autoridade pública no Estado capaz de decidir que medicamentos se financian e cal e o
prezo de cada un deles, o que condiciona a calidade asistencial e, por suposto, os
presupostos dos servizos de saúde das CCAA.
Por todo iso, seguiremos defendendo que no ámbito nacional se aborden os debates
necesarios e coa profundidade necesaria. E, de feito, anúnciolles que agardo tratar este
asunto persoalmente co futuro presidente andaluz, e espero que tamén co resto de
presidentes que saian elixidos nas próximas eleccións autonómicas de maio.
Paralelamente, sen dilación, como sempre fixemos, tamén en Galicia seguiremos
traballando. Na xestión diaria, e tamén nos principais retos estruturais que, ao noso
entender, e existirán con maior intensidade na Sanidade pública do futuro.
Dar resposta ao número crecente de pacientes crónicos (en gran medida polo aumento
da esperanza de vida)...
Afrontar a conxuntura de prestar servizos no rural cada día máis despoboado...
Desenvolver a medicina de precisión e personalizada que é precisa en moitas
patoloxías...
Ampliar a atención domiciliaria como unha das fórmulas máis axeitadas para responder
ás necesidades derivadas do avellentamento da sociedade.
Son retos que están aí, que se suman a unha poboación esixente, e que por tanto
debemos abordar. E desde logo a Xunta farao, con todos os que queiran facer propostas
construtivas, tamén desde este Parlamento.
Neste contexto de preparación da Sanidade Pública do futuro, un dos asuntos que nos convoca de forma máis urxente é a mellora da atención primaria, con necesidades evidentes derivadas en boa medida do aumento progresivo da demanda, que se xunta coa escaseza de profesionais para cubrir prazas, en particular, escaseza de médicos de familia e pediatras de atención primaria.

En todo caso, gustaríame puntualizar, posto que tamén foi asunto de debate proposto
para esta comisión, que acudir ao caso concreto do PAC da Estrada do pasado agosto
non se pode empregar para explicar a situación xeral da primaria, como se está
pretendendo.
A reformulación do modelo de atención primaria está sendo xa obxecto de debate nos
grupos específicos propostos polo Sergas. Máis de 60 profesionais, de distintas
categorías e de todas as áreas están traballando nun conxunto de propostas que farán á
Administración sanitaria, esperemos que no próximo mes de febreiro.
Debo recoñecer que algunhas delas xa foron trasladadas, e mesmo están sendo
tramitadas polo Sergas e mesmo están aprobadas. A principal deles; desde o día de
onte, na mesa sectorial da sanidade co apoio da maioría dos sindicatos. O sindicato de
médicos, o sindicato de enfermería, o CSIF. Refírome á nova modalidade contractual
para establecer vínculos temporais máis amplos do persoal médico de familia e pediatras
de atención primaria. Deste xeito, pretendemos mellorar as condicións laborais dos
médicos actualmente dispoñibles, pero tamén para os médicos internos residentes que
teñan previsto rematar no vindeiro maio e para captar profesionais doutras CCAA e
mesmo profesionais españois que estean traballando neste momento en Portugal.
Igualmente, xa estamos avaliando outras medidas, como: a creación dun director de
Atención primaria en cada área sanitaria, visibilizar de xeito específico os presupostos
que dedicamos aos hospitais e á atención primaria, definir e clarificar un novo modelo
dos novos roles profesionais da primaria, tanto para o persoal médico como de
enfermería e o resto do persoal, axilizar e intensificar a relación entre Primaria e
Especializada, que quede protocolizada as probas que un médico de atención primaria
pode pedir a atención especializada, que ten a obriga de remitir nos tempos pactados
aos centros de saúde, revisar o modelo de atención ás urxencias na súa totalidade.
Debemos facer unha reflexión do funcionamento dos centros de saúde e dos PAC para
mellorar as urxencias na atención primaria e diminuír as urxencias dos hospitais, primar
a permanencia en prazas de difícil cobertura, de xeito que nas OPE e nas oferta de
traslados se puntúe de xeito adicional cubrir prazas no rural ou cubrir prazas complexas
cando teñen unha cota de pacientes complexos pola idade ou por enfermidades
crónicas.
Tamén ponderar nos concursos o tempo traballado en prazas que se están a ocupar por
especialistas de enfermería, é dicir, ter en conta o coñecemento e formación que
achegan estes profesionais en primaria.
Imos facer unha ponderación máis axeitada das cotas, é dicir, das tarxetas sanitarias, en
función da complexidade das patoloxías. É dicir, terase en conta tanto nas retribucións
como na distribución das cotas o número de pacientes de 0 a 3 anos que ten un
pediatra, e no caso dos adultos o número de pacientes de máis de 70 anos que ten un
médico de familia nos centros de saúde,
Estimular a formación e innovación buscando fórmulas que permitan unha maior
integración dos profesionais da Primaria nos equipos de investigación sanitaria que está
funcionando no Sergas.
Con todo, a principal medida que hai que tomar é paliar a evidente ausencia puntual dos
profesionais de atención primaria que estamos padecendo os servizos de saúde en todas
as CCAA.
A Xunta ten un compromiso nese sentido e temos decidido intensificar as categorías de
atención primaria nas próximas ofertas públicas de emprego, comezando neste 2019.
Pero este tema tamén esixe a implicación do Goberno central, porque lle corresponde ao Ministerio de Sanidade, é o único que ten competencias de concretar cales son as ofertas de formación de especialidades. E, en consecuencia, de médicos de familia, de pediatras e resto de especialidades.
Por iso, na reunión anunciada a nivel nacional –que debería ter continuidade e non
quedar nunha reunión puntual- propoñeremos unha convocatoria de MIR extraordinaria
para a atención primaria.
Señorías, ao longo da miña intervención intentei expresar, e apoiar en datos, unha
opinión e tamén un desexo. España ten unha das mellores sanidades públicas do mundo
e dentro deste sistema, Galicia ten hoxe máis prestacións públicas que nunca.
A partir de aí, é certo que canto máis nivel se ten, máis alto é o nivel de esixencia; pero
non deberiamos de esquecer que temos unha Sanidade pública que é un orgullo para os
galegos.
Aqueles que afirman que a Sanidade Pública é mala, están obrigados a aclarar por que e
en relación a que. Porque os servizos públicos non son bos ou malos en abstracto,
senón situados nun contexto.
Pois ben, eu afirmo que a Sanidade Pública galega é boa en relación coa Sanidade que
atopamos en 2009, e así o confirman todos os indicadores.
Afirmo que a Sanidade pública galega é boa en relación á media das restantes
comunidades, e tamén o concretamos.

E afirmo, en terceiro lugar, que é boa en relación a todo o que teño visto ao longo da
miña traxectoria política, marcada en boa parte no ámbito xestión sanitaria.
Pero afirmo igualmente que a Sanidade Pública será sempre, e así debe de ser, unha
obra en permanente reforma e permanente mellora. Nela teñen cabida todos os galegos e todas as críticas que busquen perfeccionar un sistema público que resiste todas as comparacións.
Todos os partidos desta Cámara xestionan a Sanidade noutras autonomías, ou teñen
socios que xestionan a sanidade noutras comunidades. Por que non quixeron enriquecer
este debate, proposto por eles mesmos, achegando por exemplo experiencias que
melloren o que estamos a facer en Galicia. Cal é o seu modelo? Cal é a comunidade
autónoma de referencia dos grupos da oposición? Se non o fixeron seguramente foi
porque a Sanidade pública galega está máis capacitada para dar leccións, máis que para
recibilas.
Por iso, é unha honra para min poder estar aquí, coa seguridade do que fan en Galicia
cada día as 39.000 persoas que traballan nos servizos sanitarios . Desde o persoal dos
hospitais públicos, centros de saúde ou PAC ata os xestores da Administración
sanitaria.
Eu síntome orgulloso desa Sanidade Pública que salva vidas todos os días.
Síntome orgulloso da Sanidade Pública que é un exemplo nos momentos cotiáns e
tamén nos máis excepcionais, como se viu coa resposta dada ao accidente de Angrois
en Santiago ou ao do Marisquiño en Vigo.
E síntome orgulloso da Sanidade Pública que non se conforma, e que aspira a poder
seguir avanzando para continuar sendo unha das mellores sanidades públicas do mundo.
É unha honra defender algo no cal un cre e no cal un confía. Por iso eu estou aquí, e
seguramente pola razón contraria se explican as ausencias nas dúas comisións de
investigación abertas neste Parlamento, por proposta da oposición.
Equivócase quen pretende menosprezar a Sanidade Pública da cal os galegos nos
podemos sentir tan orgullosos. Recoñecer que é boa, aínda que é mellorable, por
suposto, non é facer ningunha concesión a este Goberno, senón aos méritos dos
profesionais sanitarios. Por iso, hoxe non me faltaron a min, senón ao conxunto dos
galegos.

E por iso hoxe síntome especialmente orgulloso de comparecer neste Parlamento. En
primeiro lugar, como deputado da Cámara pero, por suposto, tamén, como deputado
elixido pola Cámara como presidente da Xunta foi unha honra defender a Sanidade
pública, lamentablemente atacada nestes últimos meses por parte de moitos intereses e por parte dalgún interese partidista inconfesable.
Máis nada. Moitas grazas.









Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes