Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación) La Oposición vuelve a la carga por las "ayudas ridículas" del bigobierno a la hostelería

O PP lamenta que “as axudas ridículas” da Deputación aínda non chegaron aos autónomos, pemes e hostaleiros.

Critican que presenten un plan estratéxico de turismo “con moito autobombo e posta en escena, pero que se esquece de apoiar a un sector en crise”.

Contrapoñen os 1,6 millóns de euros da Deputación de Pontevedra cos 16 millóns que xa leva gastados A Coruña ou os 110 millóns da Xunta de Galicia.


O grupo provincial do Partido Popular lamenta que, de novo, a Deputación de Pontevedra priorice o “autobombo do Goberno e a posta en escena” á prioridade que ten a día de hoxe o sector turístico. O voceiro Jorge Cubela cuestiona que “aínda sen coñecer cal foi a repercusión real que tivo o anterior, asistimos á presentación do segundo plan estratéxico da provincia que inviste moito no envoltorio pero se esquece do contido e, o máis importante, non hai nin unha soa mención a apoiar un sector que está sufrindo de xeito moi importante as consecuencias da pandemia”.

Unha falta de apoio que para os populares “non é nova”, e recorda que en ano e medio de pandemia as únicas axudas “ridículas” que aprobou o Goberno provincial para autónomos, pemes e hostaleiros da provincia, que no mellor dos casos recibirán 200 euros, “aínda non chegaron ao seu destino”. Cubela recorda que desde o PP “xa advertimos que os concellos pequenos e medianos desta provincia non tiñan capacidade para aprobar as bases e repartir os recursos coa axilidade e urxencia que precisa o sector”. Pero, “como ocorre sempre, á Deputación urxíalle máis confrontar co Goberno galego para non aceptar ese fondo único que buscar unha solución axeitada. E, agora, demóstrase que nós estabamos no certo”.

Unha cantidade “ridícula”, sinala Cubela, “tendo en conta a capacidade da Deputación, non só co orzamento que manexa, senón tamén tendo en conta os aforros que teñen na caixa”. Por iso, contrasta os 1,6 millóns que destina “despois de moitas reclamacións do PP”, cos 16 millóns que xa leva gastados a Deputación da Coruña ou os 110 millóns que repartiu a Xunta de Galicia.

“A Deputación de Pontevedra e Carmela Silva parecen estar máis preocupados no autobombo que en achegar os recursos provinciais a quen máis o precisa e nun momento especialmente delicado”. Por iso, lamenta que non aproveitase este novo plan estratéxico para incluír ao sector. “Non se pode pretender reactivar o sector turístico da provincia de costas a el”, conclúe.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement