Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Silva presume en jornadas de la FEMP del "modelo de transparencia" de la Deputación de Pontevedra

“Desde que chegamos á Deputación de Pontevedra entendemos a transparencia como unha política transversal a todas as nosas accións e dende aquela a nosa evolución foi constante con ducias de iniciativas que agora mesmo nos sitúan como unha administración do século XXI e unha das máis transparentes do Estado”. Desta forma, a presidenta provincial Carmela Silva detallou hoxe en Madrid, no marco da Semana da Administración Aberta organizada pola FEMP, todas as iniciativas que en materia de bo goberno e transparencia ven adoptando a Deputación ata converterse actualmente  nun referente dos entes locais. De feito, apuntou que no último ano a institución incrementou en máis de 30 puntos porcentuais o seu nivel de cumprimento en materia de transparencia, pasando da posición 30 á quinta entre as deputacións de todo o estado. Na actualidade cómprense un total de 154 indicadores, o que supón o 81,4% do total. 


Carmela Silva deu a coñecer todas as accións de boas prácticas que se están a levar a cabo, deixando tamén claro que “non podemos desligar a transparencia da participación e do bo goberno, todo ten que ir unido porque de nada vale ser número 1 en transparencia e non selo en equidade e en criterios obxectivos. Este puzzle de tres elementos: administración do século XXI, participación e transparencia farán que a política recupere o prestixio que é fundamental para recuperar a confianza da cidadanía”. Recordou que desde o “minuto 1” da chegada ao Goberno o obxectivo foi “xerar afección cara a política e as institucións públicas”, polo que unha das primeiras accións foi a de eliminar os fondos de libre disposición presidencial, así como a supresión da concesión de subvencións “a dedo”, algo “impropio de calquera administración”. Desde a aprobación no 2016 da Ordenanza de Subvencións, “todas as axudas e subvencións que a institución aporta a colectivos e entidades locais réxense sempre por esta ordenanza” e os recursos asígnanse segundo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia e igualdade. Nesta liña de acción sitúanse así mesmo todos os plans provinciais que a Deputación desenvolve cos concellos e os seus plans estratéxicos específicos que se deseñan “da man da sociedade”.

Despois de subliñar a aposta inequívoca por implementar a administración electrónica na Deputación e nos concellos da provincia, a presidenta fixo un amplo repaso pola acción de apertura desenvolvida polo Goberno, facendo especial fincapé na Ordenanza de Transparencia e Acceso á Información Pública aprobada pola institución no 2019 _que tiña como fin completar o marco normativo existente e regular o acceso á información na Deputación_, así como ao impulso dado á apertura de datos para a súa posterior reutilización  co obxecto de xerar “servizos e funcionalidades novas que proporcionen información de alto valor á sociedade”. Consecuencia da citada ordenanza foi a reorganización da información que ofrece á cidadanía a institución “para que sexa máis intuitiva e de fácil acceso por parte das persoas interesadas”. Máis polo miúdo, creouse un punto de acceso electrónico á información pública, estruturado en nove áreas entre as que figuran a institucional, económica e financeira, mobilidade e medio ambiente ou a xurídica e patrimonial. “A evolución –sinalou Carmela Silva- desde a primeira avaliación realizada foi notable, xa que desde a nosa chegada á administración conseguimos practicamente duplicar o nivel de cumprimento actual”. 


Outras accións postas en marcha foron a habilitación dun procedemento normalizado para a solicitude de acceso á información pública para toda a Deputación, dispoñible na súa sede electrónica, que permitiu que só no 2020 se tramitaran máis de 100 peticións de acceso, así como a creación dunha Unidade Responsable de Transparencia, para garantir o cumprimento dos obxectivos marcado. Doutra banda, no que atinxe ao fomento da reutilización da información, Carmela Silva incidiu en que a Deputación publicou xa 28 conxuntos de datos reutilizables sobre as infraestruturas provinciais nos portais estatais e europeo de datos abertos. Amais, pasouse de publicar información en formato PDF á formatos reutilizables como CSV ou XML “para permitir calquera uso dos mesmos”. E destacou a creación do xeoportal IDEPo, que ofrece ás e aos usuarios o acceso a unha serie de recursos e servizos baseados na información xeográfica.  


Así mesmo, a presidenta provincial destacou que o traballo no eido da transparencia implica tamén unha ampla colaboración coas entidades locais e con institucións da provincia “para facer copartícipe á sociedade de todas as nosas accións e que nos axudaran a deseñar o futuro do territorio. Así, toda esa intelixencia e o talento do conxunto da sociedade forma parte da toma de decisións”. Deste xeito, recordou a apertura á cidadanía das sedes de Vigo e Pontevedra, “nas que poden desenvolver as súas actividades”, e citou a colaboración coa Universidade de Vigo, o CSIC, a EOI, os colexios profesionais, academias, clusters, fundacións, cooperativas agrícolas e gandeiras, produtoras musicais ou plataformas para a visibilización do talento feminino. “En definitiva, trátase de que a sociedade entre de cheo nas administracións, nunha relación bilateral e verdadeira”.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement