Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Comeza o programa “DepoRúARTE” con iniciativas para loitar contra o cambio climático en cinco centros educativos da provincia

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa “DepoRúARTE” con iniciativas para loitar contra o cambio climático en ata cinco centros educativos da provincia. “DepoRúARTE polo clima: pensando no 2030” estenderase ata o 2022 e desenvolverase en cinco institutos de secundaria, no IES de Poio, Gondomar (IES Terra de Turonio), Marín (IES Illa de Tambo) Silleda (IES Pintor Colmeiro) e Soutomaior (IES de Soutomaior).

A primeira parada terá lugar este mércores, 12 de maio, no IES de Poio, cunha xornada de concienciación ecolóxica na que participará un grupo de 16 alumnas e alumnos de 4º de ESO, e completarase, a finais de mes, cunha acción artística nun dos muros do centro. Nela, afondarse sobre a vida submarina a través de dúas sesións. A primeira delas, este mércores, durará aproximadamente tres horas e consistirá nunha actividade de sensibilización sobre a necesidade dunha transición ecolóxica. A segunda sesión, prevista para o 25 de maio e tamén durante tres horas, consistirá na intervención artística colaborativa nun dos muros das instalacións do centro educativo e partindo da temática elixida polo alumnado (vida submarina).
Ao longo destas sesións, no IES de Poio afondarase sobre a importancia dos océanos e a xestión prudente deste recurso para garantir un futuro sustentable. Así, ampliaranse contidos sobre as precipitacións, a auga potable, o clima, o tempo, as costas, a alimentación ou o osíxeno que respiramos. Tamén falarase, entre outras cuestións, sobre o deterioro das augas costeiras debido á contaminación e á acidificación dos océanos e os seus efectos na biodiversidade.

O programa “DepoRúARTE polo clima: pensando no 2030”, cuxa segunda parada está prevista para este mesmo mes de maio no IES de Soutomaior, desenvolverase ao longo do 2021 y do 2022. Con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra pretende impulsar actividades educativas e de lecer que reforcen a conciencia do colectivo xuvenil da provincia, ofrecéndolles un espazo de encontro e de sensibilización sobre o cambio climático e a necesidade de comezar unha transición ecolóxica para garantir unha xestión eficiente do capital natural. Así, a través deste programa, traballaranse temáticas como a vida submarina, os ecosistemas terrestres, a acción polo clima, a produción e consumo responsable e a enerxía non contaminante.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement