Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ministerio y Deputación colocan por fin los elementos museísticos en el Castro da Subidá (Marín)


“Queríamos poñer en valor o xacemento dende un punto de vista de atracción turística e de turismo sostible” asegurou Carmela Silva na visita ao castro da Subidá en Marín, que desde hoxe está aberto á cidadanía tralo fin das obras de musealización levadas a cabo polo Ministerio de Fomento no marco do convenio coa Deputación para a posta en valor dos xacementos galaico romanos da provincia. A presidenta provincial, que visitou o castro xunto á alcaldesa María Ramallo e os equipos de arqueoloxía da Deputación e da empresa “Patrimonio Inteligente” encargada da actuación por Fomento, enxalzou os traballos acometidos que, seguindo todos os estándares de calidade arqueolóxica e coas sinerxías das administracións implicadas, converteron ao xacemento de Marín nun elemento de atracción turística e cultural, respectuoso cos elementos históricos e co medio ambiente.

“Nesta provincia –asegurou a presidenta – hai enormes potencialidades turísticas ligadas ao patrimonio, aos xacementos, que son sinal da identidade da nosa provincia e de que aquí estaba o centro da relación de dous mundos: o Atlántico e o Mediterráneo”. Deste xeito, ao proxecto “dedicáronse horas e máis horas, e días e días, polos equipos arqueolóxicos. Houbo moito traballo, moita presión sobre o traballo, moitos controis e informes favorables” indicou Carmela Silva quen adiantou que “imos seguir facendo cousas neste castro, cunha potente promoción e plan de actividades en colaboración co concello para poñelo en valor e facelo aínda máis atractivo, para que veña moitísima máis xente a visitalo, que sexa un elemento dinamizador dende o punto de vista do turismo sostible”.

Tamén enxalzou a presidenta o “rigoroso respecto” na execución do proxecto que tivo, como así indicou o director do proxecto, Ángel Palomino, unha mínima intervención dende o punto de vista patrimonial, “nada invasivo”. De feito, “todas as novas estruturas e elementos encontrados foron recuperados e protexéronse moito máis que ata agora con mallas xeotextis especiais, e mesmo documentando os achados con informes técnicos e inventarios que están en mans da Dirección Xeral de Patrimonio e son accesibles a todas as persoas interesadas”. Amais do compromiso do director arqueólogo, a presidenta provincial tamén trasladou que se resolverán algúns erros gramaticais da sinaletica porque “sempre estamos abertas e a escoitar as cuestións que veñen da sociedade e queremos que o proxecto quede perfecto. Queremos a perfección”.

Pola súa banda a alcaldesa de Marín, María Ramallo, quen agradeceu o papel da Deputación na mellora do castro da Subidá, subliñou o importante paso que se deu “para que este sexa un lugar de referencia onde, posiblemente, se iniciou a vila de Marín”. Ramallo destacou os traballos de “accesibilidade, de naturalización, de adecuación á contorna, de posta en valor dunha das novas formas de facer turismo que é o turismo patrimonial e arqueolóxico. Trátase dun proxecto turístico, de poñer no mapa un recurso que temos, que está moito mellor que antes e que imos seguir dando pasos para poñelo cada vez máis en valor”.

A actuación desenvolvida na Subidá tivo en conta as campañas de escavación e consolidación realizadas polo concello de Marín nos últimos anos. En concreto, a través do proxecto de musealización que hoxe vén de abrir as súas portas, realizouse un importante traballo de información, apostando polas novas tecnoloxías mediante códigos QR que permiten ás persoas visitantes dispoñer nos seus propios móbiles de recursos ampliados sobre o xacemento. Tamén se traballou na mellora dos accesos, incluíndo zonas de descanso no camiño de subida para facer máis levadío o ascenso, acondicionouse unha zona de aparcamento para facer máis cómodo o acceso das persoas visitantes, incluíronse especies vexetais autóctonas de fácil mantemento e sinalizouse o petróglifo.

Así, tal e como explicou o equipo de arqueoloxía, as persoas que se acheguen ao xacemento van encontrar en primeiro lugar unha introdución ao castro da Subidá, información sobre a liña cronolóxica de ocupación do castro e a contorna económica e social, sobre que existía na Idade de Ferro e cales eran as relacións que o xacemento mantiña co espazo. Xa na parte superior as persoas atoparán os propios restos do castro que poñen de manifesto “os alicerces dunha historia moito máis importante do que se pensaba ata non fai moitos anos”. Neste eido os arqueólogos destacaron que ata aquí “chegaban produtos do comercio exótico, non habitual nas comunidades inmediatas e que poñen de manifestou que naquel momento da historia había aquí un permanente contacto entre o Atlántico e o Mediterráneo, Asia Menor e o Norte de África”.

Xunto á Subidá, tamén abríronse hoxe os castros de Alobre (Vilagarcía) e Toiriz (Silleda), xa musealizados, que forman parte da primeira fase do convenio de posta en valor dos xacementos galaico romanos da provincia. Nesta primeira fase, que contou cun orzamento de licitación de 600.651,78 €, realizáronse traballos de información, percorridos e acondicionamento paisaxístico nos tres castros para achegar á cidadanía en xeral o coñecemento sobre os modos de vida e a configuración do espazo na Idade de Ferro. Amais dos castros de Marín, Vilagarcía e Silleda, o Ministerio de Fomento ultima nestes momentos os proxectos de musealización da segunda fase.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement