Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Plan rector del Parque Natural de Corrubedo supera ya sus últimos trámites


  • A xunta reitora do espazo natural reuniuse hoxe para coñecer e valorar o contido do decreto polo que se modificará o Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e se aprobará o novo Plan reitor de usos e xestión (PRUX).

  • O seguinte paso será someter o documento a consulta pública por 15 días e elevalo ante o Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

  • Trátase dunha ferramenta de carácter vinculante e que ten como obxectivo regular e compatibilizar os usos públicos coa conservación do complexo dunar

O Plan reitor de usos e xestión (PRUX) do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán superou hoxe un trámite decisivo de cara á súa aprobación por parte do Consello da Xunta. A xunta reitora do parque natural foi informada esta mañá do contido do decreto de modificación do Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e de aprobación do PRUX, documento que inclúe tres anexos coa proposta de zonificación, o contido do novo plan reitor e a cartografía.


Unha vez superado este trámite, o novo instrumento estará en disposición de someterse a consulta pública este mesmo mes por un período de 15 días. Finalizado o devandito prazo e tras analizar as achegas recibidas e valorar posibles modificacións, o PRUX remitirase ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads) para sometelo ao seu informe, previsiblemente no mes de abril. Este será o último paso antes da súa aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta.


Cómpre lembrar que o PRUX é un documento requirido pola Lei de patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia para regular os usos públicos dos parques e reservas naturais da Comunidade, así como as medidas de xestión necesarias para compatibilizalos coa conservación destes espazos. 


O novo Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural de Corrubedo desenvolve as directrices emanadas do PORN aprobado en 1992 a través do establecemento de medidas de regulación específicas das diferentes actividades e de conservación dos compoñentes clave da biodiversidade, ao tempo que precisa os criterios de zonificación así como a propia xestión do territorio, tendo un compromiso claro coa súa conservación e o seu uso racional a través de accións locais, rexionais e nacionais.


Os principais obxectivos que fixa o plan reitor de usos e xestión para o complexo dunar, tal e como lle trasladou á xunta reitora esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, son xerar e reforzar canles para o fomento do coñecemento científico e a divulgación, regular as actividades de uso público, os aproveitamentos e calquera outro uso, establecer un marco normativo para o desenvolvemento sostible da poboación local, realizar unha proposta orzamentada de accións a desenvolver e establecer as bases para seguimento e avaliación.


Así mesmo, tamén establece e regula os usos dentro de cada unidade de zonificación establecida. As case 1.000 ha que abarca o parque divídense en tres: zona I ou de uso limitado (573 ha), áreas con valores naturais excepcionais que requiren dunha maior protección, diferenciando entre zona litoral e zona de lagoas e marismas; zona II ou de uso compatible (369 ha), áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou de interese para a conservación, incluíndo espazos moi demandados polo uso público, como a praia; e zona III ou de uso xeral, que inclúe os terreos desnaturalizados pola actividade humana ou nos que se xera unha actividade antrópica elevada, como parcelas urbanas, equipamentos e infraestruturas de uso público.


Entre as medidas concretas fixadas no PRUX, cómpre subliñar a erradicación ou control da presenza de especies exóticas invasoras (EEI) dentro do seu ámbito, marcándose como obxectivo reducir como mínimo nun 75% a presenza de EEI na zona de uso limitado e polo menos nun 25% no conxunto do parque natural; restaurar aqueles hábitats e especies de interese afectadas pola presenza deste tipo de especies; e evitar expresamente o cultivo da acacia e a cortaderia seollana (herba da pampa).


En canto aos usos e aproveitamentos previstos, seguirase permitindo na zona libre de marisqueo da praia de Ladeira, e baixo as condicións actuais, o aproveitamento de recursos mariños, mentres que con relación aos usos agrogandeiros no parque, tamén se manterán prevéndose a curto e medio prazo que as explotacións continúen a ser pequenas, cun alto grao de parcelación e orientadas, principalmente, a autoconsumo.


De igual xeito, dentro do PRUX inclúense unha serie de directrices co obxectivo de favorecer a diversificación dos aproveitamentos das masas forestais e a progresiva substitución de masas de piñeiro insigne por masas de especies autóctonas.


No relativo á praia, permitirase o acceso exclusivamente a pé e só polas vías e áreas autorizadas e prohíbese a realización de windsurf, land windsurf, kitesurf e deportes similares aínda que si se permitirá a práctica de surf e pádel surf de xeito individual.


Outra das novidades introducidas polo documento é o establecemento dun plan de emerxencias, co que se pretende optimizar a utilidade dos recursos técnicos e humanos dispoñibles no parque natural, co obxectivo de controlar de forma rápida a evolución dunha posible situación de risco e minimizar as súas consecuencias sobre persoas, bens materiais, naturais ou culturais que poden producirse ante unha emerxencia.


Memoria actividades e programación para este ano

Por outra banda, esta mañá tamén se presentou ante os membros da xunta reitora do Parque Natural de Corrubedo as memorias a modo de balance sobre as principais actividades realizadas nos últimos anos neste espazo natural.


Así mesmo, fíxoselles un adianto do que será a programación a executar por parte da Xunta no parque ao longo deste ano, na que se inclúen medidas de conservación e rexeneración dos hábitats autóctonos, seguimento e recuperación da píllara das dunas, eliminación de flora exótica invasora, programas de investigación da man das tres universidades galegas, campañas de voluntariado e accións divulgativas dirixidas a escolares e poboación en xeral.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement