Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia participa nun informe sobre as violacións da liberdade de expresión

O Colexio participa nun informe sobre as violacións da liberdade de expresión promovido pola Comisión Europea

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia participou na primeira rolda de contactos que Media Freedom Response Rapide ( MFRR) —un consorcio de organizacións internacionais promovido pola Comisión Europea que se dedica a rastrexar, supervisar e responder as violacións da liberdade de expresión e de prensa nos Estados membros da UE— realizou con organizacións españolas para analizar o grao de respecto a eses dereitos fundamentais en España.

Na reunión, celebrada de forma telemática o pasado 11 de marzo, participaron Virginia Pérez Alonso, presidenta da Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI), organización que coordina esta misión; Agustín Yanel, secretario xeral da FeSP; Quico Ràfols, presidente do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC)„ Samuel Toledano, da Unión de Profesionales de la Comunicación de Canarias (UPCC); Paco Audije, membro do Comité Executivo da Federación Internacional de Xornalistas (FIP), en representación da FAPE; Joan Barata, asesor xurídico da PDLI e Xosé Manuel Pereiro, vicedecano terceiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Os catro representantes que conformaban a delegación desta misión internacional interesáronse por coñecer os problemas dos xornalistas para cubrir a información sobre a chegada de inmigrantes ás costas canarias; as crcunstancias nas que se desenvolve a cobertura da información de manifestacións e protestas na rúa; as condenas xudiciais que constitúen unha violación da liberdade de expresión; a incidencia da pandemia no traballo xornalístico e a precariedade laboral. O representante do CPXG incidiu na cuestión das sentenzas xudiciais contra medios e tamén na inexistencia de organismos de regulación dos medios e de defensa dos profesionais nas redaccións.

O MFRR está liderado polo Centro Europeo para a Liberdade de Prensa e Medios (ECPMF), que integra ás organizacións Article 19, Federación Europea de Xornalistas (FEP), Free Press Unlimited (FPU), Universidade de Leipzig (InfAI), Instituto Internacional de Prensa (IPI) e Osservatorio Balcani e Caucaso Transeuropa (OBCT).

Esta misión internacional ten previsto manter outras reunións de traballo cos ministros de Xustiza e de Interior, os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados, mulleres xornalistas e asociacións de editores, entre outras. Posteriormente publicará un informe coas súas conclusións e recomendacións para mellorar a situación da liberdade de prensa e de expresión en España.

CPXG




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement