Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Ence demostra o seu compromiso con Pontevedra a través do seu Plan Social

· Debido ao impacto da pandemia, este ano adaptáronse os prazos e boa parte dos proxectos seleccionados seguen en marcha

A contribución de Ence en Pontevedra e a súa contorna vai máis aló da creación de emprego estable e de calidade, e da riqueza xerada pola actividade diaria na súa biofábrica. A compañía contribúe, ademais, co seu Plan Social, que segue crecendo ano tras ano e supón unha valiosa axuda para a contorna social de Ence. A súa última edición continúa en execución, apoiando á sociedade pontevedresa nun período marcado pola crise sanitaria.

O Plan Social de Ence Pontevedra é unha das iniciativas sociais de maior envergadura protagonizada por unha empresa privada en España. Materializado en seis áreas de actuación e cun orzamento anual de 3 millóns de euros, contribúe a mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños dos municipios de Pontevedra, Marín e Poio. 

Desde o 2017, ano no que se celebrou a primeira convocatoria, Ence beneficiou a máis de 800 proxectos enmarcados en áreas como a cultura, o deporte, o apoio social e o emprendemento. Permitiu, igualmente, apostar por ideas e propostas centradas na mellora do medio ambiente, a sustentabilidade e a bioeconomía. 

Máis de 400 proxectos preséntanse anualmente ás devanditas axudas, o que mostra a gran acollida que ten esta iniciativa. Antonio Casal Director Territorial de Ence en Galicia destaca que “os proxectos presentados están directamente ligados co ADN dos nosos valores, coinciden cos nosos principios e a nosa razón de ser: medio ambiente, economía circular, redución de pegada de carbono e o fomento do emprego rural”.

Durante o último exercicio e debido ao impacto da pandemia, o Plan Social de Ence adaptouse para apoiar aos case 300 proxectos seleccionados, ofrecendo a posibilidade de ampliar o prazo de execución dos mesmos ata marzo do 2021. A esta opción acolléronse un amplo número de beneficiarios, afectados polas restricións da pandemia. 

Moitos destes proxectos seguen en desenvolvemento, como é o caso do proxecto da Asociación de Novos empresarios (AJE), a “Aceleradora Ría de Pontevedra”, cuxo fin é apoiar proxectos emprendedores da comarca. Outro proxecto en marcha é “Emprende en feminino, en Proximidade e no rural”, levado a cabo por Fademur, cuxo fin é fomentar a adquisición de habilidades para a procura de emprego e o emprendemento das mulleres en situación de vulnerabilidade no ámbito rural.

Estes proxecto e outros moitos, están a levarse a cabo a día de hoxe, o que demostra a importancia do apoio do Plan Social de Ence Pontevedra a empresas, clubs, entidades e colectivos sensibles, garantindo a súa continuidade, en momentos de especial vulnerabilidade. 

A biofábrica de Ence en Pontevedra representa un modelo sostible, cuxa xestión ambiental está avalada por certificados ambientais internacionais. Desde 2014 conta coa etiqueta ecolóxica Nordic Swan, ecoetiqueta dos países nórdicos, por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental. Tamén recibiu a Distinción Oro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental, así como o selo “Residuo Cero” de AENOR.

 


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement