Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O mural “Pensa en ti, pensa no Planeta”


“Pensa en ti, pensa no Planeta” é o título do mural que alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Paralaia de Moaña veñen de realizar ao abeiro do programa DepoRúarte da Deputación de Pontevedra e que desde hoxe loce nun dos muros exteriores do instituto.

Nesta quinta edición, DepoRúarte ten por lema “Polo Clima, Pensando no 2030” e o alumnado participante traballa sobre distintos eixos relacionados con esta temática. No caso do alumnado do IES de Moaña, elixiron o de “Produción e Consumo Responsable”. Deste xeito, tras participar nunha xornada de sensibilización sobre este tema, impartida pola educadora ambiental Ana Vázquez, elaboraron a súa acción artística nun dos muros exteriores do centro, baixo a dirección de Laura Navarrete Álvarez, licenciada en Belas Artes e Máster de Arte Contemporánea.

Na presentación do mural, amais dos e das estudantes que participaron na súa elaboración, estiveron hoxe a deputada provincial de Medio Ambiente, Iria Lamas; o concelleiro Juan Manuel Parcero, así como a artista Laura Navarrete, a docente do alumnado, Sofía Calo, e o vicedirector do centro, Xurxo Pereira Morata.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement