Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Xacobeo 2021. Feijóo convoca aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico

O presidente da Xunta participou hoxe no acto de presentación do vídeo da campaña turística de Galicia 2021

FEIJÓO CONVOCA AOS GALEGOS, AOS VISITANTES E AO SECTOR TURÍSTICO PARA, ENTRE TODOS, CAMIÑAR CARA UN XACOBEO NO QUE A SEGURIDADE SERÁ UN VALOR CONSTANTE

“Con cada paso seguimos camiñando cara un gran Ano Santo, e para iso planificamos un orzamento con partidas á altura da súa importancia”, di, referíndose a unha achega de máis de 85 millóns para o Xacobeo 2021

Afirma que neste 2021 os turistas e peregrinos que cheguen atoparanse unha Galicia segura, centrada na excelencia e na calidade turística


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou hoxe aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico para, entre todos, camiñar cara un Xacobeo no que a seguridade será un valor constante.
Durante o acto de presentación da campaña turística de Galicia 2021, Feijóo aseverou que está é só “un aperitivo do que nos vai tocar vivir”. “Con cada paso seguimos camiñando cara un gran Ano Santo, e para iso planificamos un orzamento con partidas á altura da súa importancia”, dixo, referíndose a unha achega de máis de 85 millóns de euros para garantir un Xacobeo: seguro, coñecido, recoñecido e dinámico.
“Non deixamos que a pandemia nos atrapase nas sombras, e decidimos avanzar”, asegurou, en alusión á peza composta por Xoél López, que pon a música ao spot da campaña; incidindo en que cando dicimos Camiña a Galicia estamos a referirnos a moito máis: a un destino para os turistas e peregrinos que veñen con ganas de resarcirse deste ano, sen dar as costas á obrigada seguridade; a unha dirección cara a que orientar os esforzos da reconstrución económica, e da reactivación do sector turístico; a un rumbo de referencia paisaxístico, cultural e verde; e a un escaparate, no que estarán postas as miradas do mundo.
Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou o compromiso do Executivo galego co sector, a través de medidas como o bono turístico, que xa solicitaron máis do 98% dos seus potenciais beneficiarios; os plans e protocolos elaborados para garantir establecementos seguros; e o Plan de albergues, para levar a cabo a mellora dos existentes e a posta en marcha doutros novos. “E comezamos a sentar as bases do Plan director 2021-2023 Galicia destino seguro”, confirmou, avanzando tamén a posta en marcha do Plan de reforzo do sector, dotado con 36 millóns de euros para o 2021.
Nesta mesma liña, lembrou a creación do seguro de coronavirus; “un plus de seguridade” que beneficiará aos turistas que visiten Galicia, cubrindo os gastos en caso de infección por covid.
“Nun momento de extraordinaria dificultade estamos chamados a actuar”, reiterou, subliñando que neste 2021 os turistas e peregrinos que cheguen á Comunidade e transiten pola “maior rúa de Europa”, atoparanse cunha catedral rehabilitada, despois dunha actuación de envergadura histórica; cun Pórtico da Gloria aberto e esplendoroso, tralos traballos de recuperación; cos Camiños mellor preparados de todos os Xacobeos; e cunha Galicia segura, centrada na excelencia e na calidade turística. 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement