Con buen criterio, el PP -Oposición en la Deputación de Pontevedra- ha exigido al organismo provincial que no mire para otro lado y que se implique en un convenio para recuperar las pistas de atletismo (que dan servicio a todo O Morrazo) sitas en el Concello de Cangas. No es de recibo que el organismo provincial entierre millones de dinero público en la reforma del estadio de Balaídos (en beneficio de una entidad privada, Sociedad Anónima, como es el Celta... y luego pase de situaciones tan lamentables y mucho menos costosas como es el caso de las pistas de atletismo de Cangas...O PP propón á Deputación que asine un convenio co Concello de Cangas para renovar o pavimento do Estadio Municipal de Atletismo
“A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, sinala Sotelo.
Deputados populares sinalan que a Deputación sempre se caracterizou pola defensa do deporte e, principalmente, do deporte base.
O Partido Popular propón que a Deputación de Pontevedra colabore co Concello de Cangas e coa Xunta de Galicia para arranxar e manter as pistas de atletismo local. Os deputados provinciais Elena Estévez, Jorge Cubela e Pepa Pardo, xunto co presidente local do partido, Jose Enrique Sotelo, visitaron esta mañá as instalacións e urxiron a implicación da institución provincial para renovar o pavimento do Estadio Municipal de Atletismo e acometer as melloras necesarias. “O apoio e a colaboración entre administracións sempre é a mellor vía para sacar adiante estes proxectos e dar resposta ás demandas”, destacou Cubela.
Por iso os populares trasladarán esta reclamación do PP de Cangas, pero tamén dos clubs e deportistas locais, a través dunha moción que se debaterá no pleno de decembro da Deputación de Pontevedra. As pistas, indicou Sotelo, teñen importantes deficiencias no pavimento, o que dificulta os adestramentos e preparación dos atletas. “A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, engadiu.
Pola súa parte, os deputados recordaron que o papel da Deputación de Pontevedra debe ser servir de apoio aos pequenos e medianos concellos da provincia, asegurando a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. “Ten competencias e capacidade económica para asinar este convenio, e por iso desde o grupo provincial reclamaremos un compromiso firme para renovar estas pistas”, defende Elena Estévez, que confía en que a moción saia aprobada por unanimidade do pleno.
“A Deputación sempre se caracterizou pola defensa do deporte e, principalmente, do deporte base. Por iso cremos necesario que se implique no mantemento dunha infraestrutura que non só ten interese municipal, senón tamén comarcal e provincial dunha forma clara”, defendeu Jorge Cubela.
Por último, os populares recordaron que a construción deste Estadio Municipal de Atletismo de Cangas foi un investimento realizado a través dun convenio de colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Cangas, sendo este último o responsable do seu mantemento desde que recepcionou a obra en 2014.