Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu tiene su propio comité local de seguimiento y evaluación de la Covid


O Comité de Seguimento e Avaliación da Covid-19 do Concello de Bueu, conformado polo alcalde, os concelleiros e concelleiras do goberno e o xefe da policía local, reuniuse novamente este mércores pola tarde co fin de analizar a situación e as medidas concretas a implementar a nivel local, que seguen ás xa anunciadas pola Xunta de Galicia para os casos de alerta máxima, e que se explicaron no comunicado publicado ao mediodía.


Así, ademais do xa anunciado con anterioridade, o Concello pechará as instalacións públicas municipais, que non se poderán empregar para ningunha actividade. A excepción son os pavillóns deportivos, dos que poderán facer uso soamente os clubs e persoas que compitan en deporte federado, tal e como indica a normativa autonómica. En canto ao mercado ambulante, que se celebra todos os luns e xoves, o Concello decidiu mantelo dado que o permite a normativa vixente e se ampliou o espazo do mesmo para garantir a separación entre os postos.

Estas medidas estarán en vigor entre este xoves, ás 00.00 h, e o luns, cando se manterá unha nova reunión entre o alcalde de Bueu e os responsables da Consellaría de Sanidade para avaliar a evolución dos contaxios e estudar se se amplían ou non as restricións.

O goberno local volve reiterar que “é preciso que manteñamos a tranquilidade e a serenidade, e que interioricemos cal é a nosa nova normalidade”, ademais de chamar a unha actitude “dun pobo cohesionado e unido”. Así mesmo, insístese en que a cidadanía manteña as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, como son o uso obrigatorio da máscara, o mantemento da distancia interpersoal, o lavado continuado de mans e a utilización de xel hidroalcólico.

Co fin de garantir o cumprimento das medidas, o goberno xa deu indicacións á Policía Local para que incremente a vixilancia e control, sobre para evitar as aglomeracións de persoas en certos espazos.

--------------

Félix Juncal, alcalde de Bueu, mantivo este mércores ao mediodía unha reunión telemática con responsables da Consellería de Sanidade na que se valorou a evolución epidemiolóxica da Covid-19, despois de que se comunicase que o municipio se atopa en nivel de alerta máxima. Isto significa que a partir deste xoves ás 00.00 horas, as veciñas e veciños de Bueu non poderán entrar nin saír da vila agás en casos estritamente necesarios e xustificados. Así mesmo, prodúcense algunhas modificacións en canto ás reunións sociais e funcionamento dalgúns sectores produtivos. Neste sentido limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, agás no caso de persoas convivintes en que non se aplicará esta limitación.

Ademais, os establecementos de hostalaría e restauración terán prohibido o consumo no interior, e tan só se permitirán as terrazas ao 50 %, cun horario de peche ás 17.00 h. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas. No documento oficial da Xunta de Galicia, establécese o peche temporal de certas actividades consideradas non esenciais, entre as que se atopan as dos locais de ocio nocturno, salas de festas, furanchos ou centros de lecer infantil, entre outras.

O alcalde e o grupo de goberno mantiveron unha xuntanza ao remate da da Consellería, e apelan, máis ca nunca, á responsabilidade colectiva e individual para que se reverta a curva de contaxios e volvamos a unha situación de certa normalidade, como acontecía hai unhas semanas. Así mesmo, a cidadanía deberá seguir cumprindo coas medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, como son o uso obrigatorio da máscara, o mantemento da distancia interpersoal, o lavado continuado de mans e a utilización de xel hidroalcólico.

O grupo de goberno manterá de novo unha reunión na tarde deste mércores, e irá trasladando á cidadanía todos os acordos e decisións que se vaian adoptando.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement