Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vázquez Mourelle demanda -por enésima vez- la modernización ferroviaria urgente que Galicia necesita


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou na reunión extraordinaria da Conferencia Nacional de Transportes.

A Xunta demanda ao Ministerio de Transportes igualdade no reparto dos fondos de reconstrución e unha aposta clara pola modernización ferroviaria do noroeste e o Corredor Atlántico.

O Goberno galego reclama do Ministerio pasos concretos e decisivos no impulso do Corredor Atlántico e en infraestruturas estratéxicas como a Saída Sur de Vigo ou a conexión ferroviaria do Porto de Langosteira.


 
 

Require o mantemento, máis aló de 2020, do fondo estatal de compensación ás empresas de transporte público que permita achegar liquidez ao sector para garantir a prestación dos servizos e manter o emprego

Demanda que as compensacións do ministerio teñan en conta a delicada situación do transporte discrecional

Apela a un reparto dos fondos que atendan ás diferentes realidades territoriais de España, que no caso de Galicia debe ter en conta as peculiaridades xeográficas e demográficas, que condicionan a prestación dos servizos de transporte

Traslada a importancia dos fondos que se van transferir ás comunidades para permitir o avance das medidas recollidas na Estratexia Galega de Mobilidade, con proxectos transformadores e aliñados coa estratexia verde e a compoñente dixital


A Xunta demandou hoxe ao Ministerio de Transportes Mobilidade e Axenda Urbana igualdade no reparto dos fondos de reconstrución e unha aposta clara pola modernización ferroviaria do noroeste peninsular e o Corredor Atlántico. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na reunión extraordinaria da Conferencia Nacional de Transportes que se celebrou esta tarde, por videoconferencia, entre as comunidades autónomas e o secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Pedro Saura.

Na reunión, na que se abordou o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a representante do Goberno galego avogou pola equidade entre o Corredor Mediterráneo e o Atlántico. A este respecto, Ethel Vázquez incidiu no requirimento dun reparto equitativo dos investimentos, “xa que semella que o Goberno está máis escorado cara ao levante”.

Vázquez Mourelle reiterou ao Ministerio de Transportes a necesidade de aproveitar a oportunidade única que supoñen os fondos de reconstrución Next Generation para impulsar o Corredor Atlántico do Noroeste e a modernización da rede ferroviaria, que permita reforzar a competitividade e as capacidades loxísticas de Galicia.

Reiterou que desde a Xunta se lle vén reclamando de forma insistente ao Ministerio de Transportes que dea pasos concretos e decisivos no impulso do Corredor Atlántico e en infraestruturas estratéxicas como a Saída Sur de Vigo ou a conexión ferroviaria do Porto de Langosteira, actuacións financiables con cargo aos fondos de reconstrución.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade solicitou, ademais, o mantemento, máis aló de 2020, do fondo estatal de compensación ás empresas de transporte público pola caída de actividade ante a situación de emerxencia sanitaria, que permita achegar liquidez ao sector para garantir a prestación dos servizos e manter o emprego.

Nesta liña, solicitou tamén que as compensacións do Ministerio de Transportes teñan en conta a delicada situación do transporte discrecional.

Ethel Vázquez apelou tamén a un reparto dos fondos de reconstrución que atendan ás diferentes realidades territoriais de España, que no caso de Galicia deben ter en conta as peculiaridades xeográficas e demográficas que condicionan a prestación dos servizos de transporte. Galicia conta coa metade dos núcleos de poboación de España, cunha alta porcentaxe de poboación envellecida e con gran dependencia nos seus desprazamentos.

A este respecto, a información trasladada polo ministerio na reunión do 10 de decembro aos directores de transportes da comunidades autónomas, pasa por facer un reparto de fondos directamente proporcional á poboación, que tería só en conta os municipios de máis de 50.000 habitantes. Isto, segundo subliñou a conselleira, no caso de Galicia, englobaría só ás grandes cidades.

Na reunión de hoxe, o Goberno galego trasladou ao Ministerio de Transportes a necesidade de que os fondos de reconstrución europeos que se van transferir ás Comunidades permitan avanzar nas materias nas que se vén traballando desde a Xunta, para poder ofrecer aos cidadáns servizos de transporte público máis eficientes e útiles. Proxectos que a conselleira definiu como transformadores e aliñados coa estratexia verde europea e coa compoñente dixital.

Ethel Vázquez lembrou que a Estratexia Galega de Mobilidade na que traballa a Xunta ten como obxectivo definir unha rede coordinada de servizos de transporte e infraestruturas moderna, sostible e eficiente. Referiuse á posición de Galicia, pioneira en trasladar as súas prioridades en materia de transportes e mobilidade ás autoridades europeas, prioridades e proxectos que pasan pola creación de áreas de recarga, o fomento de aparcadoiros disuasorios ou o impulso de proxectos para avanzar na transformación dixital do transporte.

A estas propostas súmanse as actuacións encamiñadas á mellora da información aos usuarios, facendo seguimento de flotas e achegando datos en tempo real de onde se atopa o autobús; ou servizos baixo demanda de nova xeración, máis flexibles, nos que rutas e horarios poidan ser configurables en cada momento, a partir das necesidades concretas. Trátase, subliñou Ethel Vázquez, de avanzar no concepto Mass Mobility as a service, a mobilidade como servizo.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement