Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Por fin entró en razón Deputación : 3 nuevos "GES" en la provincia

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...


A XUNTA CELEBRA QUE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACEPTE A PROPOSTA DO GOBERNO GALEGO PARA CREAR 3 NOVOS GES NA PROVINCIA  


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que esta decisión reafirma que a postura da Administración autonómica para a cobertura das emerxencias na provincia era a correcta. 

O Goberno galego propón para a provincia de Pontevedra a constitución de grupos de emerxencias na Cañiza, A Lama e o de Mos/Redondela, este último cunha base en cada un dos dous municipios.

A comisión de seguimento dos GES volverá a reunirse proximamente para votar a aprobación de 5 novos grupos e un servizo municipal que a Xunta considera necesarios para mellorar e completar o mapa de emerxencias no territorio galego.



A Xunta celebra que a Deputación de Pontevedra acepte a proposta presentada a semana pasada na comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), que incluía a creación de 3 novos grupos na provincia pontevedresa. 


Trátase dos GES da Cañiza, A Lama e Mos/Redondela. Así, os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios. 


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou que a postura da deputación provincial demostra que a proposta da Administración autonómica para a provincia era a correcta e responde a criterios técnicos de cobertura e de prestación de atención ás emerxencias. Nesta liña, apelou a seguir colaborando tanto cos concellos como as deputacións provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta e mellorar e completar o mapa de emerxencias que abarca o territorio galego. 


En base precisamente a eses obxectivos, a Xunta presentou a semana pasada na comisión de seguimento dos GES, na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais, unha proposta para crear 6 novos servizos de emerxencias en Galicia. 


Ademais dos 3 novos GES en Pontevedra, o Goberno galego suxire a constitución doutros 2 en Ourense –un con sede no concello de A Veiga e outro en Maceda-, así como un novo servizo municipal no concello coruñés de Noia. 


A comisión de seguimento volverá a reunirse proximamente para proceder á votación da proposta da Xunta, unha vez que os seus integrantes a estuden.  


Con estes novos servizos, o investimento da Xunta nestes servizos de emerxencias incrementaríase en 300.000 euros superando os 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES. A Xunta reafirma así o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento destes grupos, postos en marcha en 2013 en consenso entre o Goberno galego, deputacións e concellos.


Ademais, a Administración autonómica vén colaborando na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias dos concellos con achegas de 15,3 millóns de euros nos últimos dez anos para os GES e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. 



Natalia Prieto


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement