Responsive Ad Slot

Latest

latest

Este mes : nueva licitación del complejo hospitalario "Gran Montecelo" por 130 millones

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O presidente da Xunta mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores 


FEIJÓO ANUNCIA A APROBACIÓN ESTE MES DE NOVEMBRO DA NOVA LICITACIÓN DO GRAN MONTECELO QUE SE ELEVARÁ A 130 MILLÓNS DE EUROS


Destaca que, deste xeito, a nova licitación incrementará en 15 millóns de euros o investimento do novo edificio, que se construirá nesta primeira fase.


No tocante á nova residencia de maiores, que contará cun investimento de 12 millóns e 120 prazas, precisa que se vai a acelerar a cesión da nova parcela. 


Sobre a intermodal, confirma que, se ben as obras tiveron un retraso por mor da covid, dentro do primeiro semestre do ano 2021 será unha realidade.


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta aprobará neste mes de novembro a  nova licitación do complexo hospitalario Gran Montecelo, en Pontevedra que se elevará a 130 millóns de euros. 


Tras unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Feijóo destacou que, deste xeito, a nova licitación incrementará en 15 millóns de euros o investimento do novo edificio, que se construirá nesta primeira fase, á que se destinará o orzamento total de 130 millóns. 


Deste xeito, no novo edificio centralizaranse os servizos máis complexos e nas instalacións actuais prestarase a atención ambulatoria. “Estamos a falar dun antes e un despois para a asistencia hospitalaria”, dixo, subliñando que o Gran Montecelo suporá novos servizos e que a maioría das habitacións sexan individuais. 


O titular da Xunta afirmou que o Goberno galego seguirá traballando no eido sanitario, tanto na atención hospitalaria, como nos centros de atención primaria, así como cos concellos na loita contra a pandemia.


No eido social, ambos avaliaron a construción da nova residencia de maiores. “Concretamos que se vai acelerar a cesión da nova parcela para poder comezar a obra e reintegraremos ao Concello a primeira parcela cedida”, dixo, incidindo en que esta infraestrutura, que se construirá co apoio da Fundación Amancio Ortega, cun investimento 12 millóns e 120 prazas, estase a tramitar conforme aos prazos previstos.


Xa no capítulo das infraestruturas, e sobre a intermodal, Feijóo confirmou que, se ben as obras tiveron un retraso por mor da covid, dentro do primeiro semestre do ano 2021 a estación intermodal será unha realidade. 


Tamén no eido da mobilidade, o presidente da Xunta destacou os avances co Concello para empregar o transporte interurbano e convertelo en urbano cando pase polo termo municipal, a través do cofinanciamento. Unha decisión que beneficiará aos usuarios.


No que respecta ao saneamento da ría, o titular do Goberno galego destacou que a Xunta leva investidos desde 2009 case 50 millóns de euros. “E, neste momento,  estamos a levar a cabo as obras de mellora na EDAR de Praceres”, dixo, referíndose tamén á construción dun novo emisario submarino, pendente do expediente, así como á construción dun colector EBAR en Cocheras. 


Sobre o dragado do Lérez, o presidente confirmou que o calendario previsto é que as obras comecen a finais de 2022. “Estamos a falar da dragaxe máis importante que fará a Comunidade. Seguimos cumprindo os trámites de Costas, elaborando estudos ambientais, tramitación ambiental, redacción de proxectos, licitación das obras. En definitiva, 3 millóns de euros para retirar 330.000 metros cúbicos de áridos”, explicou.


Sobre o pavillón de ximnasia da Parda, o responsable do Executivo galego reiterou o compromiso con esta obra e incidiu en que a Administración autonómica está á disposición do Concello.


Por último, Feijóo concluíu destacando o compromiso do Goberno galego coa variante de Alba, facendo fincapé na necesidade de planificar entre o Concello e a Xunta a definición do trazado que menos prexudique aos veciños. 





Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo