"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
Calquera cliente pode rexistrarse a partir do día 1 de decembro no formulario da web do Comercio
do Morrazo www.comerciodomorrazo.com e obter, de forma gratuíta, a tarxeta virtual co seu
número identificativo, necesario á hora de facer unha compra para acumular ou descontar o saldo
obtido. Outra forma de obtela é solicitándoa directamente no seu establecemento de confianza
(sempre que participe na iniciativa) onde se lle entregará a tarxeta física. Nestes locais tamén existe a
opción de que o cliente demande tarxetas regalo do Comercio do Morrazo, de forma que aboe
directamente o prezo que desexe para que se quede no saldo desa tarxeta e poida regalala a quen
queira para gastar no comercio local participante. O lanzamento destas tarxetas regalo, que se
entregarían fisicamente neses negocios, coincide cunha época moi boa para poder sacar ideas e
aproveitar os regalos que se fagan en Nadal.
Son moitas as vantaxes de participar e pertencer a este club, xa que, coa tarxeta, poderase participar
en tódolos sorteos que se realicen dende a federación (como a campaña de nadal que se levará a
cabo a partir do 7 de decembro), usar as promocións de cada negocio participante, acumular saldo
con cada compra ou consumición que se realice e gastalo cando se queira nas seguintes compras
obtendo así vantaxosos e importantes descontos ou mesmo compras gratis. Ademais, servirá como
método para fortalecer o tecido comercial da comarca e axudar e apoiar, nestes difíciles tempos que
corren, a todos eses negocios locais imprescindibles nas nosas vilas que enriquecen e invisten nas
nosas rúas.
"Ao final, dende Fecimo dámoslle ao cliente a oportunidade de decidir o seu grao de implicación co
comercio local nunha iniciativa que non ten data de caducidade para toda a comarca do Morrazo,
Cangas, Moaña e Bueu", refere David Servia, responsável de Comunicación de Fecimo.
FECIMO PRESENTA O LANZAMENTO DAS
TARXETAS DE FIDELIZACIÓN PARA QUE OS
CLIENTES FORMEN PARTE DO CLUB
DO COMERCIO DO MORRAZO E POIDAN OBTER
MÚLTIPLES BENEFICIOS