"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
O PP reclama ao Goberno central que restableza todas as conexións de tren do Eixo Atlántico Vigo - A Coruña.
Pilar Rojo presenta unha moción no Senado na que, ademais, tamén se pide o aumento das frecuencias das conexións con Madrid e Barcelona.
“Non poden ampararse na COVID para suprimir servizos elementais, xa que están limitando a mobilidade dos galegos cun flagrante agravio comparativo con outras comunidades”.
A senadora do PP de Pontevedra, Pilar Rojo, rexistrou no Senado unha moción para reclamar ao Goberno central que restableza todas as conexións de tren na provincia, tanto as que teñen que ver co Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña e que facilita a mobilidade dos galegos entre as dúas provincias, como as que a unen con outras comunidades autónomas, principalmente coas cidades de Madrid e Barcelona. Unha decisión que, explica, se tomou de xeito unilateral por parte de Renfe.
“Non poden ampararse na Covid para suprimir servizos que son elementais para garantir a mobilidade dentro da nosa provincia e, tamén, con Santiago ou a Coruña”, denuncia Rojo. Sinala que esta supresión de frecuencias dificulta o acceso de moitos cidadáns ao lugar de traballo ou de ensino, principalmente ás universidades galegas. Así, recorda que durante o estado de alarma, Renfe mantivo operativo o 30% da súa oferta, e oito meses despois, a reposición de servizos ronda o 50%. “E, o peor de todo, é que tampouco dispoñen de previsións sobre cando se prevé a recuperación dos servizos suspendidos”.
“O transporte ferroviario é unha necesidade básica. Esta decisión está a producir un impacto negativo na cidadanía, que ve como un servizo fundamental de transporte está funcionando a medio gas por criterios de mera rentabilidade económica, cando debería primarse o servizo público”.
Ademais do convoi que une as cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía con Santiago ou A Coruña, un dos máis rendibles para Renfe, Rojo tamén denuncia que as conexións a Madrid ten as frecuencias ao 50%, mentres que Renfe deixa fóra das vantaxes da alta velocidade a Vigo, a cidade máis poboada de Galicia e un gran polo industrial e empresarial.
Tren de "velocidad alta", construido por la CAF, que cubre el servicio entre Vigo y A Coruña