Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia llega al techo de gasto no financiero de 11.664 millones para el año 2021

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O PARLAMENTO DE GALICIA DÁ LUZ VERDE AO TEITO DE GASTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA PARA 2021, QUE MEDRA UN 14,9%


Valeriano Martínez presentou hoxe no Parlamento galego o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano, que ascende a 11.664 millóns de euros. O conselleiro cualificouno de “excepcional, prudente e rigoroso”.

Permitirá afrontar con garantías a crise sanitaria, reactivar a economía e atender ás familias e empresas.


O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento de Galicia o teito de gasto non financeiro para o ano 2021, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 11.664 millóns de euros, cun aumento de 1.516 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 14,9%.


Deste importe, 11.012 millóns de euros correspóndense con ingresos non financeiros; 685 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 33 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional.


Valeriano Martínez explicou que este teito de gasto é o máis alto da serie histórica e cualificouno de “excepcional, prudente e rigoroso” para loitar contra a pandemia e para a reactivación económica. Neste sentido, sinalou que se trata dun teito de gasto extraordinario que permitirá afrontar con garantías a pandemia sanitaria, reactivar e impulsar a economía e atender ás familias e empresas que están sufrindo a crise económica.


Orzamentos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública informou tamén á Cámara de que o obxectivo do Goberno galego é aprobar o proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma no mes de novembro. “Traballamos coa maior celeridade posible para estar en condicións de aprobar os Orzamentos antes de que termine este mes de novembro”, subliñou.


Finalmente, Valeriano Martínez explicou que o teito de gasto chega ao Parlamento con retraso sobre o ciclo orzamentario habitual posto que os primeiros datos que ten que facilitar o Goberno central para poder elaboralo chegaron hai un mes. Por iso “quixemos acelerar o traballo máis ca nunca para compensar un retraso de máis de dous meses no ciclo orzamentario normal”, apuntou.


El cangués Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda de la Xunta de Galicia




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement