Responsive Ad Slot

Latest

latest

La ministra Teresa quiere un lobo intocable, la conselleira Ángeles lo quiere intocable hasta cierto punto

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A XUNTA SALIENTA QUE AUMENTAR A PROTECCIÓN DO LOBO COMO PROPÓN O MINISTERIO ROMPE O EQUILIBRIO ENTRE A SÚA CONSERVACIÓN E O MANTEMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN EXTENSIVO 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión con representantes das entidades de Razas autóctonas de Galicia, para trasladarlles a postura da Xunta fronte á proposta do Estado de incluír o lobo no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespe)

Recorda que desde hai máis dunha década o lobo conta cun plan de xestión que garante a viabilidade desta especie en Galicia, compatibilizando a súa existencia coa actividade gandeira

Ángeles Vázquez salienta que esta decisión do Goberno afecta de xeito directo ás comunidades do norte do río Douro, pois coa inclusión do lobo no Lespe se prohibe de xeito xenérico a súa caza


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez salientou hoxe que unha maior protección do lobo, como defende o Goberno estatal, implica romper o actual equilibrio entre a conservación desta especie e o mantemento das razas autóctonas en extensivo.

Ángeles Vázquez trasladou esta reflexión aos membros e representantes das asociacións e entidades de Razas Autóctonas de Galicia, para informalos da postura que defende a Xunta de Galicia ante a proposta que abandeira o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que se resume en incluír o lobo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lespe).

A conselleira de Medio Ambiente lembrou que desde hai unha década Galicia conta cun Plan de xestión do lobo, co que se garante a viabilidade da especie, é dicir, mantense a poboación estable ao tempo que se compatibiliza -a súa existencia- coa gandería extensiva e coa viabilidade económica das explotacións.

Explicou que esta non se trata dunha postura illada e individual de Galicia, senón que é acorde e común ás catro rexións ao norte do Río Douro; xa que os intereses de Asturias, Cantabria e Castela e León -xunto cos de Galicia- veranse directamente afectados de saír adiante esta proposta, pois nestas rexións rexístranse importantes poboacións desta especie asentadas no territorio e, por tanto, son as que sofren as maiores consecuencias sobre o sector gandeiro dos ataques puntuais destes animais.

Recordou que no caso de que prospere a iniciativa do Ministerio isto implicaría de entrada a prohibición xenérica da súa caza, ao non considerase unha especie susceptible de aproveitamento cinexético en determinados supostos; dito doutro xeito, só se podería autorizar excepcionalmente a captura dalgún exemplar baixo criterios moito máis estritos que na actualidade. Esta situación convértese nunha limitación que poría moito máis difícil recorrer a accións cinexéticas puntuais cando estes animais ameacen os intereses gandeiros.

Asemade, destacou que a decisión do departamento que preside Teresa Ribera é totalmente contraria ao obxectivo da Xunta, compatibilizar a existencia coa viabilidade das explotacións, e ás políticas defendidas polo Goberno galego, establecendo medidas preventivas e de compensación por danos provocados por esta especie.



Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo