Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Escándalo en la Deputación de Pontevedra. Gobierno y Oposición se ponen a caer de un burro

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

Los populares, Oposición de la Deputación de Pontevedra, atacaron al Gobierno bipartito porque se suben los sueldos en plena crisis de la Pandemia y elaboran un presupuesto que consideran un derroche. Enseguida el Gobierno movilizó al diputado Font, gran especialista en poner a caer de un burro a los que tiene enfrente, negando tales cosas. 

Vale todo, a los de la Oposición; vale todo, a los del Gobierno. Un clima irrespirable, unos políticos impresentables, porque en una situación como la que la ciudadanía vive, estas algaradas que a parte alguna conducen, salvo al hastío e indignación de los administrados, no tienen razón de ser... Dedíquense, unos y otros, a otra cosa. 

En medio de este clima irrespirable, para este viernes está convocado un pleno. 

---------------------------------------------

Veamos lo manifestado por ambas partes. Primero la Oposición, luego la respuesta del Gobierno provincial...


O PP denuncia que Carmela Silva e o seu goberno "se soben o soldo en plena pandemia sanitaria, social e económica".

Din que son os orzamentos “da vergoña”, “un despilfarro” que prevé o aumento dun 4,6% nos soldos da presidenta e dos deputados, e o incremento de 2 novas dedicacións.

Os catro deputados do PP que reciben dedicación parcial renunciaron, a través dun escrito presentado hoxe mesmo no rexistro, a que se lles aplique este incremento.


O grupo provincial do Partido Popular fixo esta mañá unha primeira análise dos orzamentos que a Deputación de Pontevedra presenta para o ano 2021, e amosouse totalmente “sorprendido”, porque “resulta incomprensible que un orzamento que debería estar preparado para loitar contra a pandemia e axudar aos concellos, aos colectivos e aos sectores económicos, se esqueza totalmente deles. É un orzamento totalmente alonxado da realidade desta provincia”.

Así o explicou o voceiro dos propulares, Jorge Cubela, que xunto aos deputados Pepa Pardo e Alejandro Lorenzo, dixo que o “máis escandaloso, inmoral e indigno” do documento é que “o Bipartito de Carmela Silva e do BNG propoñan, en plena pandemia sanitaria, económica e social, o aumento das dedicacións exclusivas dos deputados de 14 a 16, case 70 mil euros máis que en 2020”. Pasan dun gasto de 614.483,56 euros a 681.418,50 euros no reparto de soldos na Deputación de Pontevedra, un 11% máis".

Un auténtico despilfarro -referen os populares- que inclúe ademais o aumento do 4,6% no soldo de Carmela Silva e do resto de deputados, cando a variación do IPC vai ser negativo. “Con esta medida política, en medio de aprobación de ERTES por parte das empresas, coa hostalería pechada, coas cifras de desemprego que temos, co peche de negocios... Carmela Silva hoxe retrata ao seu goberno, que non representa aos pontevedreses. Non merecen o soldo que gañan nin o que van a aumentar”.

Cubela dixo que “si xa foi escandaloso a subida do soldo do Goberno de Pedro Sánchez e de todos os seus ministros, o Goberno máis numeroso da historia, Carmela Silva e o seu goberno están subindo o seu soldo cinco veces máis”.

Por iso, Pepa Pardo adiantou que os deputados do PP que teñen dedicacións parciais xa rexistraron por escrito un documento no que reclaman que se paralice esta subida dos soldos dos deputados e, no caso de que o Goberno persista con esta medida, non se lles aplique aos deputados populares para que non se incremente nin un céntimo, como tampouco se incrementou o soldo do Goberno galego.

“Esta subida é indigna e inmoral, non se axusta á realidade económica e social, e por iso nós renunciamos expresamente a ese incremento nos orzamentos da vergonza. Mentres as familias pontevedresas se aplican o cinturón, o Goberno da Deputación nos sorprende cun premio para si mesmos”, engadiu.

Ademais, o PP anunciou que presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos que a Deputación presenta no pleno deste venres, “porque estamos nunha situación excepcional que precisa dunhas contas excepcionais, e o que presenta este goberno é unha subida de soldos e un documento totalmente continuista. Si en 2020 era malo para a provincia, en 2021 está moi afastado dos retos que necesitamos”.
-----------------------

CARLOS FONT: “A MENTIRA COMPULSIVA É O SINAL DE IDENTIDADE DO GRUPO POPULAR NA DEPUTACIÓN”

“É unha absoluta falacia. Menten sobre as dedicacións e menten sobre os soldos”

“Non saben nin ler un orzamento, non traballan e son dunha ignorancia supina. Os seus salarios si que lle saen caros a esta provincia”

O deputado provincial Carlos Font lamentou hoxe que o Grupo provincial do PP se dedique “ao exercicio da mentira compulsiva que xa é o seu sinal de identidade, co que agora pretenden enganar e confundir á opinión pública cando falan das dedicacións e dos salarios da corporación provincial”. O deputado foi tallante e mostrou a súa indignación. “É unha absoluta falacia e non o imos consentir. É tráxico que un partido condenado por corrupción, con ducias de dirixentes que roubaron a mans cheas, pretenda dar leccións de nada. O seu si que é unha indignidade”

Font recordou que na corporación provincial hai unicamente 2 dedicacións exclusivas e 14 dedicacións parciais ”entre as que se atopan as 4 das deputadas e deputados do Partido Popular”. O deputado, que lembrou que estas dedicacións foron aprobadas polo pleno de organización da Deputación “co voto a favor do PP”, engadiu que “o que non hai con este goberno son cartos de libre disposición que si existían cando gobernaba Louzán, cartos cos que costeaban ceas e eventos de índole semellante”

Font tamén se referiu á pretendida suba salarial da que “con tan pouca vergoña fala o PP”. “Volven mentir e con todo descaro e mostran unha ignorancia supina“. O deputado explicou que a suba dos salarios é do 0,9%, que foi a que aprobou o goberno de España para funcionarios e funcionarias públicas e asimilados/as. “Son tan ignorantes, dixo, que nin sequera saben que os salarios non se poden subir máis do que aproba o goberno do Estado”. “Amais, engadiu, como non len, non traballan e non estudian pois non se decatan de nada”. Carlos Font recordou que en 2020 o goberno de España aprobou unha suba salarial do 2% que non se contemplou no orzamento inicial da Deputación, “polo que se fixo unha modificación posterior para implementar os recursos necesarios”. “E o PP, demostrando a súa ignorancia, o que fai é unha comparativa de costes salariais deste ano con xaneiro de 2020, en vez de facela unha vez aprobada a modificación”. “Non saben nin ler un orzamento, dixo o deputado, os seus soldos si que lle saen carísimos a esta provincia”. Así que, concluiu Font, “menten coas dedicacións exclusivas e menten coa suba salarial. A diferencia de gastos de persoal da corporación para deputadas e deputados só sube 19.494 euros”.

O deputado tamén lamentou que o PP non fale por exemplo da redución do coste do Gabinete de Presidencia, que baixa un 3%. “Diso non din nada, ironizou, non vaia a ser que a comparativa cos seus gobernos non lles saia moi favorable”. Font rematou dicindo que “sabíamos que a aparencia de oposición responsable duraría o que un caramelo ás portas dun colexio. Sempre volven ás súas esencias que é encher todo de lixo e ruído. Nese debate, concluiu, non nos van a atopar”.

Los del PP en la Deputación, hoy, presentando sus escritos


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement