Ayer se reunió durante horas el Comité Clínico que asesora a la Xunta. No anunciaron nuevas medidas... dejaron entender que lo de los cierres de las grandes ciudades y otros municipios con el semáforo en rojo iba a continuar... Unas horas después, el presidente de la Xunta de Galicia compareció para anunciar un mes toledano para los municipios que están cerrados, aumentando medidas restrictivas (no hay bares, no hay restaurantes, no hay cafés durante 30 días... la gente, por pelotas, sin alternativa, salvo ir a trabajar o a clase, tendrá que meterse en casa... le guste o no. Es ridícula así la postura del BNG de la señora Pontón que pide encerrar a toda Galicia, cuando en la práctica ya se está imponiendo todo lo que se puede... ¿o quiere parar totalmente la Economía esta buena señora?)
El caso es que Feijóo compareció esta mañana para anunciar que la Xunta restringe el movimiento (cierres, impidiendo entradas y salidas) y cierra la hostelería en 60 concellos durante un mes.
Las nuevas medidas que se aplicarán en Galicia entrarán en vigor a las 15.00 horas del próximo viernes. El cierre perimetral actualmente existente se amplía aún a más municipios del entorno de las grandes ciudades. Y ojo, que en los 60 ayuntamientos que estarán un mes cerrados las reuniones están limitadas a solamente los convivientes. En el resto de Galicia, se aumenta a seis personas el límite, aunque no vivan juntos (hasta ahora eran cinco).
Las nuevas medidas que estarán vigentes desde el viernes en 60 concellos gallegos, son estas :
-Solo están permitidos los movimientos de entrada y salida por motivos laborales, educativos, de cuidados y sanitarios.
-El comercio funcionará con el mismo criterio que en el resto de Galicia y los centros comerciales permanecerán abiertos, aunque con aforos reducidos.
-Cierre de actividades no esenciales.
-La hostelería cierra al completo y solo se permite el servicio de venta a domicilio y para llevar a casa.
-La práctica deportiva puede ser solo individual.
-Cines, teatros, auditorios reducen su aforo a 30 personas en el interior y 75 en exterior (una medida ridícula porque no viene a cuento en medio de otras serias restricciones).
-Está limitada la movilidad. No se podrá entrar y salir de estas áreas municipales cerradas.
Los concellos de Vilaboa, Ponte Caldelas, Barro, Campo Lameiro y Cerdedo-Cotobade se unen a partir del viernes a la situación de cierre en la que ya estaban Pontevedra, Poio y Marín.
En Vigo y su área
En el caso de Vigo que ya está cerrado a cal y canto desde el fin de semana pasado, las nuevas restricciones, que se extenderían como mínimo en 30 días más a partir del viernes, serán de aplicación también en los concellos de Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Cangas, Ponteareas y Tui.
Así lo justifica el presidente de la Xunta :
Sobre un posible confinamiento domiciliario dice que «non se pode desbotar ningunha posibilidade», pero las decisiones de hoy son «para evitar un confinamento domiliciario» así como la baja del estrés sanitario. El confinamiento está condicionado «á situación que temos en cada momento».
«Hai comunidades que dobran a taxa de Galicia e por riba de mil durante semanas. O dato importante é a ocupación de camas. Cabía a posibilidade de pospoñer estas medidas e pode estar xustificado para determinadas formas de entender a pandemia. Parécenos que agardar a taxas de 500-600 son máis contaxios, estrés sanitario e máis falecidos. Con este contexto adoptamos a decisión de anticiparnos», asegura Núñez Feijóo.
Los municipios afectados por las restricciones son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Lugo, Santiago, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón, Mugardos, Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas y Toén Pontevedra, Vilaboa, Pontecaldelas, Poio, Marín, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade y Soutomaior, Vigo, Mos, Nigrán, Gondomar, Porriño, Redondela, Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa y Vilagarcía.
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comunicou hoxe as medidas acordadas trala reunión do comité clínico, entre as que avanzou o reforzo das restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas que entreterán en vigor ás 15,00 horas do vindeiro venres.
Baixo a previsión de que as novas limitacións, que afectarán aproximadamente ao 60% da poboación, estean vixente un mes, “sempre coa avaliación constante do comité”, Feijóo precisou que estas se poñerán en marcha nas cidades e nos perímetros que as conforman como zonas de influencia, así como en concellos puntuais cunha tendencia á alza significativa na incidencia acumulada e no número de casos nos últimos 7 e 14 días.
Deste xeito, as cidades e zonas que terán maior restricións serán: A Coruña, xunto con Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros; o concello de Lugo en solitario; Santiago con Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Ferrol, con Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos; Ourense, con Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Toén; Pontevedra, con Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior; Vigo con Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela.
A maiores, tamén terán as mesmas restricións os concellos con taxa de incidencia acumulada a 14 días superior a 200 casos por 100.000 habitantes, e tendencia ascendente na notificación dos mesmos: Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.
Así, en todas estas zonas, estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios. E o comercio funcionará cos mesmos criterios do resto de Galicia.
Así mesmo, pechará a hostalaría, agás o servizo a domicilio e para recollida que si se poderá ofrecer; a práctica deportiva quedará restrinxida a deporte individual; e reducirase o aforo en establecementos culturais, que con esas limitacións poderán seguir funcionando –cines, teatros, auditorios, e outros recintos de público sentado poderán ocupar o 50% de cada sala, cun límite de 30 persoas en interior e 75 en exterior–.
Haberá tamén restricións de mobilidade, é dicir, non se poderá entrar nin saír destas áreas, agás por razóns laborais e actividades esenciais. “E redúcese o aforo no transporte público non escolar: o transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos e co 25% do aforo de pé; e o transporte interurbano co 50%”, avanzou, subliñando que o transporte escolar queda garantido, toda vez que os asentos están asignados desde o principio de curso.
Novas medidas para toda Galicia
Ademais das restricións nestas zonas, o presidente da Xunta avanzou a implantación doutras medidas que afectarán a toda Galicia, como son: a limitación das saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distanciamento e hixiene establecidas desde hai meses; e o incremento das limitacións de aforo en grandes establecementos comerciais, de xeito que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo –nas tendas, continúa o aforo do 50 % como ata agora–.
“Estas son as medidas que nos dita o comité clínico e que imos aplicar polo ben común dos galegos”, dixo, incidindo en que o que toca para tentar conter e, se é posible, reverter a evolución da pandemia, é seguir redobrando os coidados, a precaución, a alerta e tamén seguir insistindo nas restricións.
“Toca ampliar as limitacións pola nosa saúde e pola saúde dos nosos. Pero tamén toca facelo pola economía, porque canto máis se tarde en actuar, máis difícil e longa será a contención e máis profunda, por tanto, a afectación económica”, abundou.
Sobre este último punto, anunciou que mañá, no Consello da Xunta, o Goberno galego avaliará novas medidas de apoio ao sector da hostalaría e aos seus traballadores, que son “os que máis afectados se ven polas limitacións”.
O presidente do Executivo galego concluíu agradecendo unha vez máis aos galegos a súa responsabilidade, amosada desde o primeiro momento da pandemia.
Feijóo, en su comparecencia de este miércoles |