Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Deputación promueve ‘#Defensoras Semillas de Cambio’, exposición sobre activistas centroamericanas

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

ACTIVISTAS DE HONDURAS, GUATEMALA, EL SALVADOR, MÉXICO E NICARAGUA PROTAGONIZAN A SEGUNDA EDICIÓN DE “DEFENSORAS DE DEREITOS”


O proxecto, impulsado pola Deputación e a Coordinadora Galega de ONGD arranca cunha mostra fotográfica nos comercios de Pontevedra, Gondomar e A Estrada


Carmela Silva: ¿De que cambio de paradigma falamos se nós non estamos?. Queremos construír outro mundo e sen as mulleres non se poderá facer”


As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da II edición de ‘Defensoras de Dereitos’ que empezou a andar hoxe en Pontevedra. As súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.


Hoxe, coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, de deputadas e deputados do goberno provincial, da portavoz da Coordinadora, María Gutiérrez e da presidenta da Asociación de Comerciantes das Galerías Oliva, Pilar González, inaugurouse ‘#Defensoras Semillas de Cambio’, unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de 15 mulleres defensoras de dereitos Humanos de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua. As fotografías, ademais de atoparse nos escaparates de 10 comercios de Pontevedra tamén se poderán visitar en Gondomar e A Estrada. O obxectivo é achegar as historias persoais e colectivas das activistas ao máximo de persoas no actual contexto. A mostra é unha adaptación da campaña de IM-Defensoras que homenaxea as máis de 2.000 defensoras articuladas en Mesoamérica arredor desta organización. Estudantes, xornalistas, labregas, académicas, sindicalistas, mestras, tecedoras, artistas…


Na inauguración da exposición, Carmela Silva lembrou que “para nós, as mulleres do mundo desenvolvido, defender os nosos dereitos é unha loita diaria pero temos un sistema democrático que nos permite rebelarnos. Pero hai mulleres sen ningún instrumento normativo co que poidan defenderse das violencias”. A presidenta provincial dixo que “moitas veces me din que me indigno demasiado. ¿Como non vou a indignarme?, preguntou recordando que, segundo a ONU, no 2019 243 millóns de nenas e mulleres sufriron violencias. “Eu indígnome. ¿De que cambio de paradigma falamos se nós non estamos?. Queremos construír outro mundo e transformalo e sen as mulleres non se poderá facer”


A presidenta, que agradeceu a valentía da Coordinadora “por poñer voz a tantas mulleres silenciadas”, tamén enxalzou a labor do comercio local “pola súa resistencia nestes tempos de pandemia”. “O comercio de proximidade é fundamental, porque constrúe outro mundo, permite menos ataques ao medio ambiente, defende salarios e condicións laborais dignas. Eu súmome, dixo, ás voces de mulleres como as alcaldesa de París e Barcelona en defensa do comercio local porque permite sociedades máis xustas e unha economía diferente”. 


As consecuencias da pandemia nas vidas das defensoras

A irrupción da pandemia e a resposta que están a dar os gobernos de Mesoamérica está a impactar enormemente sobre as vidas e o labor das activistas. “A pesar de que o coronavirus agravou a crise de dereitos humanos e a violencia estrutural que vive Mesoamérica desde hai séculos, os gobernos non consideran esencial o traballo das defensoras”, din  dende IM-Defensoras. Dende marzo, 8 de cada 10 defensoras víronse obrigadas a confinarse e a suspender a súa actividade de acompañamento presencial ás compañeiras e comunidades coas que traballan. Ademais, o risco de sufrir violencia aumentou significativamente. Entre marzo e novembro de 2020, as alertas recibidas por IM-Defensoras incrementáronse un 123% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se en 2019 foron 61, en 2020 chegan ás 136. Medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización. Dende marzo, 10 defensoras mesoamericanas foron asasinadas.


Historias en forma de libro

Para dar a coñecer o risco que supón o traballo como defensoras de dereitos humanos e sensibilizar sobre as causas e consecuencias das situacións de desigualdade e pobreza que afectan ás súas vidas e aos países e comunidades onde viven, publicaranse tres libros dirixidos a público xuvenil. Neles, contaranse as historia de vida e activismo de tres defensoras de Honduras, México e Guatemala. Os tres libros estarán escritos pola marinense Lara Dopazo Ruibal, gañadora en 2020 do Premio Literario Illa Nova de Narrativa da Editorial Galaxia, e ilustrados pola deseñadora gráfica, Marta Conde.


As mulleres protagonistas dos libros serán:


Miriam Suazo (Honduras) conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.


Estela Ángeles Mondragón (México). Defensora dos dereitos territoriais do pobo rarámuri, comunidade indíxena do norte do país, durante más de dúas décadas.


María Magdalena Cuc Choc (Guatemala). Defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas maya q’eqchi’. Apoia ás mulleres superviventes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas esrtractivistas e de monocultivo.


O 9 de decembro, organizarase un encontro online coas tres protagonistas dos libros para coñecer de primeira man a realidade e os principais problemas que afectan aos seus países e comunidades e a persecución e violencia que sofren por dedicar a súa vida a defender os dereitos humanos. O 17 de decembro terá lugar en Pontevedra a presentación do primeiro libro, protagonizado por Miriam Suazo.


IM-Defensoras

A Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras) foi creada en 2010 como unha articulación de organizacións e redes de cinco países: El Salvador, Guatemala, Honduras, México e Nicaragua. Os seus obxectivos, ámbitos de acción e dinámicas son diversos e danse nun contexto de violencia que enfrontan as defensoras de dereitos humanos polo seu labor e que se realiza en condicións de inseguridade e desigualdade. Traballan desde o recoñecemento da diversidade e xerando estratexias de protección feminista para potenciar colectivamente a sustentabilidade da defensa dos dereitos humanos en Mesoamérica e seguridade, benestar, liderado e autonomía das activistas. Actualmente, hai máis de 2.000 mulleres articuladas arredor de IM-Defensoras.






Prensa española :

Portadas de Prensa española están al final