Responsive Ad Slot

Latest

latest

Deputación paga campo de fútbol en Salcedo

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBARÁ ESTE VENRES RECURSOS, POR CASE 2,7 MILLÓNS DE EUROS, PARA CINCO CONCELLOS DA PROVINCIA

Tomiño, A Cañiza e Vilagarcía de Arousa beneficiaranse de case medio millón de euros do Plan Concellos 2020

Pontevedra e Vigo recibirán 2,2 millóns para executar o campo de fútbol en Salcedo, no caso da primeira, e para as cubertas dos patios do CEIP Balaídos e CEIP Pintor Laxeiro, na segunda



A Deputación de Pontevedra aprobará este venres novos recursos, por valor de case 2,7 millóns de euros, para os concellos de Tomiño, A Cañiza, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo. En concreto, os tres primeiros recibirán 440.686 euros da liña 1 do Plan Concellos a través dos que realizarán reformas urbanas, mellorarán infraestruturas e adquirirán novos equipamentos. Pola súa banda, as cidades de Pontevedra e Vigo beneficiaranse de 2,24 millóns de euros, 1,6 millóns de euros para executar o campo de fútbol de Salcedo en Pontevedra e 616.000 € para as cubertas dos patios do CEIP Balaídos e Pintor Laxeiro de Vigo.

Tomiño recibirá dúas achegas de máis de 375.000 € da Deputación. Así, destinaranse 261.574 euros para a integración do campo da feira no espazo público peonil do Seixo entroncando coa rúa Gondomar de xeito seguro para as/os peóns. Neste eido, a presidenta, Carmela Silva, aproveitou a ocasión para poñer en valor o grande avance impulsado por Tomiño “na creación de espazos públicos para as persoas con recursos e investimentos da Deputación”. Amais, mediante outra achega de 115.092 € destinada á mesma vila tamén se vai equipar e reformar a cuberta do auditorio de Goián.

No caso da Cañiza, os recursos da Deputación ascenden a 60.000 € que permitirán á vila adquirir unha motoniveladora para manter as vías muncipais. “Sen os recursos provinciais–asegurou a presidenta - os concellos non poderían adquirir estes elementos fundamentais para a prestación de servizos públicos de calidade”. Finalmente ata Vilagarcía irán 4.018 euros, procedentes da baixa dunha adxudicación, para o campo de fútbol de Vilaxoán.

Silva anunciando el reparto


Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo