Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación de Pontevedra presenta presupuesto 2021 : llega a los 164,5 millones

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

"UN ORZAMENTO PARA 2021 COA AXENDA 2030 COMO FOLLA DE RUTA E CO REFORZO DO INVESTIMENTO PÚBLICO ENVORCADO Á REACTIVACIÓN DA PROVINCIA"


A Deputación incrementa as súas contas ata os 164,5 millóns de euros, un 2,2% máis que en 2020, e cunha solvencia financeira de “débeda cero”


O goberno xa traballa nun Plan Especial para a provincia coa incorporación de remanentes e fondos europeos que levarán ao orzamento a superar os 200 millóns


As transferencias aos concellos aumentan un 10% co que a Deputación revalida o seu liderado no Estado, duplicando a media do resto das administracións provinciais


Un  orzamento adaptado a unha situación excepcional e envorcado a que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia. Con este obxectivo, o goberno da Deputación de Pontevedra presentou hoxe o proxecto de orzamentos baixo as dúas premisas que trufan todo o documento: a Axenda 2030 e os seus 17 ODS como folla de ruta, e o reforzo do investimento público como ferramenta para dinamizar a actividade económica e a xeración de emprego. 


“Co foco posto nas persoas, nos concellos e na alianza cos axentes sociais”, a presidenta Carmela Silva e o vicepresidente Cesar Mosquera presentaron o orzamento que en 2021 se incrementa ata os 164,5 millóns de euros, un 2,2% máis que este ano, e cunha situación de solvencia financeira que na práctica é de “débeda cero. De feito, dos 41 millóns de débeda que o goberno se encontrou en 2015, este ano conseguiuse reducila aos 3,9 millóns, e para 2021 a previsión é baixar do millón. O orzamento consolidado (coa Escola de Enfermería e o Consorcio Contra Incendios) é de 168,1 millóns.


A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento cun novo plan de traballo Obxectivo Pontevedra Provincia, Alianza Local #17ODS que reforza a política social, a innovación e a dixitalización, a reactivación de sectores estratéxicos como a cultura e o turismo, e o mantemento da igualdade e o medio ambiente como eixos prioritarios. Pola súa banda, o reforzo do investimento público cara á reactivación económica se aplica ao Plan Concellos, a todo o capítulo das infraestruturas e a mobilidade sostible, sectores produtivos, emprendemento e pemes, investigación e innovación, e á loita contra o despoboamento nun equilibrio sustentable do territorio, entre outros obxectivos.


Para a presidenta Carmela Silva “este é un orzamento que non é unha suma de euros. É un orzamento que ten moi claro que é o que queremos facer nesta provincia: transformala tendo en conta o novo cambio de paradigma que se está a producir no mundo e particularmente na Unión Europea, que nós comezamos xa a implantar no 2016 e agora reforzamos”. “Temos un proxecto ben pensado, ideado e deseñado para facer fronte á situación máis dramática que leva vivido a sociedade nos últimos cen anos – engadiu- e a Deputación ten todo listo para que o 2021 sexa o ano da reactivación da provincia. Faremos o que faga falta”. Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera informou que os orzamentos 2021 poderán superar de largo os 200 millóns de euros cando se incorporen os remanentes deste ano, que superaran os 20 millóns de euros, e tamén a inxección de cartos europeos dos Fondos Comunitarios 21-27 e do Fondo de Reactivación Económica.  “A do vindeiro ano vai ser a intervención máis excepcional e potente das que se fixo historicamente nesta casa para a intervención na economía e na sociedade”. 


En canto aos eixos prioritarios do orzamento, na acción cos concellos da provincia, a Deputación volve a ser a administración provincial de todo o estado que máis transferencias realiza aos municipios. Segundo os últimos datos do Ministerio de Facenda, achega un 35,34% dos recursos, duplicando a media do 18,2 do resto das deputacións provinciais. En 2021 as achegas aumentan ata os 61,2 millóns de euros, un 9,68% máis que en 2020, co Plan Concellos como instrumento clave. Mantéñense as condicións de flexibilidade entre liñas, establecidas no marco da pandemia para que os municipios poidan utilizar os recursos da liña 1 de investimentos para a compra de calquera tipo de material que necesiten ou a xeración do emprego. É dicir, até un máximo do 30% do importe asignado a cada concello para a liña 1, poderá destinarse a incrementar os importes das liñas 2 e 3. Amais, habilítase unha nova acción específica a que os concellos poidan destinar  axudas aos sectores afectados pola pandemia que poderá chegar até o 20 % da liña 1, o que supón mobilizar 6 millóns de euros. 

O reforzo da política social é outro dos eixos do orzamento 2021 cun incremento dun 3% chegando aos 17 millóns de euros. De feito, duplícanse as axudas de emerxencia e o goberno deixa aberta a creación de novas liñas segundo evolucione a crise. No eido do medio ambiente e políticas de sostenibilidade o orzamento presenta un notable aumento de case un 11%, ata os 35,5 millóns de euros, “conscientes de que toda a nosa acción debe pivotar en torno ao respecto e coidado do territorio”. Infraestruturas e mobilidade sustentable; recuperación de espazos públicos; competitividade do sector primario; unha política de residuos exemplo en Europa; transición enerxética; I+D+I en Mouriscade e Areeiro; campañas de acción polo clima e consumo responsable e defensa da protección animal e dos ecosistemas.

A reactivación cultural, do turismo e do deporte é outra das apostas do orzamento que reforza o investimento nestes sectores estratéxicos. Aumenta un 7,7% ata os 21 millóns de euros. Respecto ás políticas de igualdade, seguirán sendo a sinal de identidade da Deputación cun incremento dun 7,7% respecto a este ano, chegando aos 1,4 millóns de euros en 2021, aínda que os recursos multiplícanse ao longo dos orzamentos de todas as áreas xa que igualdade é un eido transversal en todos os proxectos. En canto á administración provincial, a busca da eficiencia e da innovación reforzarase cun orzamento de 28 millóns de euros, un 3,65% máis que en 2020. A continua modernización de todos os servizos, a extensión da administración electrónica, a progresiva cualificación do persoal, as ofertas de emprego ou o programa TROPOS, no que se está a traballar, son algúns dos obxectivos marcados.


Amais deste esforzo inversor, o vicepresidente Mosquera informou que xa se esta a elaborar un Plan Estratéxico de captación de Fondos Europeos, baseado nas liñas que marca a nova estratexia como a axenda verde, a axenda urbana, a sustentabilidade, innovación, dixitalización e a aposta polo I+D+I, que xunto aos remanentes, suporá unha inxección de cartos moi importantes para poñer en marcha un Plan Especial para a provincia. “Estase traballando arreo nos proxectos que poidan optar a fondos europeos para telos preparados tan pronto se abran as convocatorias”. Mosquera tamén engadiu que, no caso de ser necesario poñer en marcha programas extraordinarios para dar resposta á actual situación excepcional, a boa saúde económica da Deputación permitirá afrontar créditos. Insistiu, amais, en que as contas seguen na liña de anos anteriores “porque pensamos que é a correcta”, non tendo fondos de libre disposición nin para a presidenta nin para o vicepresidente, e transferindo aos concellos “todo o que se pode e máis” para que sexan eles os que decidan en que o invisten.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement