Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Consorcio contra Incendios tendrá 3,8 millones de presupuesto en Pontevedra

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, aprobou hoxe por unanimidade o orzamento para 2021, que ascenderá a 3.819.700 euros, o que supón un incremento de 39.600€ (+1,04% con respecto ao orzamento de 2020).

A sesión, que dirixiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e contou coa asistencia do Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, celebrouse de forma telemática e deu luz verde ao ditame da Comisión Especial de Contas coas bases de execución do orzamento e o cadro de persoal e de retribucións para o vindeiro ano. “Un orzamento nivelado”, tanto no estado de gastos como no de ingresos, e cunha situación de solvencia financeira con débeda cero segundo o informe da secretaria-interventora. O documento foi elaborado mantendo os parámetros do sistema vixente de xestión indirecta, aínda que poderá ser susceptible de modificacións en función das conclusións da comisión xurídico-técnica para o proceso do paso a xestión directa.
As achegas dos entes consorciados mantéñense na mesma contía que en anteriores exercicios (963.500€ por parte da Deputación e 963.500€ por parte da Xunta de Galicia), mentres que no orzamento de gastos o capítulo 2 medra un 1,52% para cumprir coa homoxeneización salarial acordada. A sesión tamén coñeceu a mellora da ratio do período medio de pago do Consorcio Provincial a provedores, que de abril a setembro baixou aos 12,7 días fronte aos 14,8 días de 2019. Da mesma forma, o órgano non incorreu en mora en ningunha das súas operacións de pago, no xerando ningún tipo de intereses nin carga financeira.

Na sesión, xunto ao Director Xeral de Emerxencias, tomaron posesión como novas representantes da Xunta as delegadas territoriais de Pontevedra e Vigo, Luisa Piñeiro e Marta Fernández Tapias. A presidenta Carmela Silva, que lles deu a benvida, congratulouse de que por primeira vez o Consorcio Provincial sexa igualitario, co mesmo número de mulleres que de homes, seguindo coa política da Deputación de Pontevedra. “Estou encantada, dixo a presidenta provincial. Con máis mulleres ocupando espazos públicos de representación é como se dan pasos cara á igualdade”, mensaxe co que coincidiu o director xeral, Santiago Villanueva.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement