Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Conselleiro de Sanidad : por un lado, ya ve usted... y por otro, ¿qué quiere que le diga?

COMPOSTELA .- O conselleiro de Sanidade, nunha entrevista na Radio Galega, non descarta que o peche perimetral das cidades se reverta o vindeiro martes e asegura que estudan a posibilidade de adoptar esa medida en momentos puntuais coma nas fins de semanas... Julio García Comesaña non descarta tampouco os confinamentos domiciliarios se se ve comprometida a capacidade das unidades de coidados intensivos. Di que estudan ademais relaxar as restricións de mobilidade nocturna en áreas onde "non se vexa comprometida a resposta sanitaria".

O conselleiro de Sanidade asegura que a medida que afecta ás restricións de mobilidade con peches perimetrais foi específica para esta fin de semana de Todos os Santos e non descarta que se levante o vindeiro martes, día no que se reúne o comité clínico. Di que están a estudar que ese tipo de medidas se tomen en momentos puntuais, coma pontes, festivos ou fins de semanas.

Julio García Comesaña considera máis efectivo manter as limitacións de reunión a persoas conviventes naqueles lugares onde xa rexe esta medida.
Destacou a boa evolución da situación en Ourense, asegura que as medidas están a ser efectivas e que se está a reverter a situación.
Comesaña espera non ter que chegar a confinamentos domiciliarios, pero supedita esa decisión "a que non estea comprometida a capacidade das UCI nalgunha área sanitaria".

En canto ao toque de queda, estudarán adaptar esa restrición de mobilidade nocturna a partir do 9 de novembro, ou mesmo "relaxala completamente" naquelas áreas que "non teñen comprometida a súa resposta sanitaria." 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement