- As Xornadas construirán o 14, 15 e 16 de outubro de 2020 un
foro global arredor das relacións entre Galicia e China, no marco do
diálogo Unión Europea-China e a Axenda 2030 de Nacións Unidas.
- Nas Xornadas participarán investigadoras e analistas de entidades coma
a Academia de Ciencias Sociais da China, o Real Instituto Elcano, o
Instituto de Oriente (Portugal), o Foro Macau, Cátedra China, o Centro
de Estudos e Investigación sobre Asia Oriental (UAB), a Asociación de
Amigos do Camiño de Santiago en China ou a Asociación de Galegos en
China, entre outras.
- O programa completo das Xornadas pódese consultar na web china.hub.gal onde o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) tamén centraliza as inscricións, que son gratuitas. Pódense consultar as notas de prensa en chinés, inglés, portugués e español.
- As Xornadas poñen punto final á primeira fase do proxecto “O Xacobeo e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” (iniciado o 1 de novembro de 2019) que
naceu da convocatoria “O Teu Xacobeo 2019” impulsada pola Xunta de
Galicia, ao que se sumaron achegas para a súa financiación dos Concellos
de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Lugo. No proxecto
ideado polo IGADI colabora de maneira moi especial Casa Asia. | |
Publicar un comentario