Llamamiento de FECIMO para que los comercios se sumen a la campaña "Cangas en local"
A Federación de Comerciantes e Industrias do Morrazo, Fecimo, colabora co Concello de Cangas do Morrazo nunha iniciativa, chamada "CANGAS EN LOCAL", co fin de reactivar e impulsar a actividade económica do comercio e hostalería local de Cangas, trala situación de crise sanitaria derivada do contexto da pandemia que afectou en gran medida a este importante sector nas nosas vilas.
Esta campaña consiste na aportación dunha bonificación dun 40% por parte do Concello nas compras
ou consumos que se fagan nos establecementos que participan por parte de clientes previamente
rexistrados. A iniciativa, abriu o prazo de adhesión para os establecementos o pasado 15 de
setembro. O prazo de rexistro para os clientes comezou dende o luns 5 de outubro e
ata o 5 de decembro, ou ata esgotarse o total do orzamento do Concello, disporán do prazo para
facer as súas compras bonificadas.
A campaña busca promover as compras en Cangas do Morrazo polo que está aberta a consumidores
maiores de idade e de calquera vila ou localidade tratando deste xeito de atraer consumo dende
outros puntos da xeografía galega cara aos establecementos locais da vila.
Os establecementos participantes xa están publicados nunha listaxe sectorizada, coa fin de facilitar
aos usuarios a súa consulta, e pode ser consultada dende hoxe na web.
Se algún establecemento non fixo a súa solicitude unha vez acabado o prazo deberá poñerse en
contacto directamente con FECIMO.
A contía destinada polo Concello de Cangas para cubrir a parte bonificada desta iniciativa é de
100.000€, asegurando, deste xeito, un gasto de 250.000€ por parte dos clientes que recaerá directa e
beneficiosamente naqueles establecementos participantes.
Os negocios beneficiarios serán aquelas persoas autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu
cargo, e micro empresas, con razón social no Concello de Cangas que se visen afectados polo peche
derivado da crise sanitaria ocasionada polo COVID‐19. No caso de non seren afectados polo peche,
entrarían aqueles cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos,
nun 75% (en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de
alarma).
"Esperamos que esta iniciativa sexa un éxito que sirva de impulso fortalecedor ao pequeno comercio e
á hostalería local de Cangas do Morrazo, investindo e enriquecendo así a vila de Cangas no seu
conxunto", referen desde Fecimo.