Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Rey de España y el Presidente de Portugal marcan muy especialmente la tarde de un jueves en A Toxa

El presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa y el Rey de España, Felipe VI, inaiguraron en la tarde de este jueves el llamado Foro La Toja, del que ayer ya ofrecíamos aquí, en RÍAS BAIXAS TRIBUNA, cumplida referencia (leer aquí)

El Presidente de Portugal fue recibido por el Rey de España a las puertas de la isla de A Toxa

Rebelo de Sousa y Felipe VI sostuvieron una entrevista antes de inaugurar el Foro La Toja

Ambos Jefes de Estado departieron también con el presidente de la Xunta y otras autoridades

La ministra de Industria y Turismo también departió con Rebelo de Sousa y Felipe VI

El presidente de Portugal hizo cuestión de saludar muy especialmente al presidente de Galicia

Muy especial fue al saludo de Rebelo de Sousa al ex presidente Felipe González

Siempre muy expresivo el presidente Marcelo, aquí con Mariano Rajoy Brey

"Foto de Familia" de los dos Jefes de Estado con quienes les recibieron en A Toxa

Felipe VI y Rebelo de Sousa, a punto de inaugurar el Foro La Toja 2020

Muy aplaudido el Presidente de Portugal tras su intervención,
con toda la concurrencia puesta en pie

El rey Felipe VI llegó al aeropuerto de Vigo a bordo de un avión del Ejército del Aire.
Fue recibido por el vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, y la subdelegada del Gobierno
en la provincia de Pontevedra, Maika Larriba

( Imágenes : Casa Real )

O titular da Xunta acompañou hoxe á S.M. o Rei Felipe VI e ao presidente de Portugal na inauguración da II edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico

FEIJÓO APELA Á POLÍTICA QUE UNE Á CIDADANÍA EN TORNO A OBXECTIVOS COMPARTIDOS, COMBINADA CON MEDIDAS INMEDIATAS E DE LONGO ALCANCE, PARA AFRONTAR O RETO DA RESISTENCIA E A RECONSTRUCIÓN 


Recorda que a política ancorada no perentorio é tan daniña como a que só atende os grandes asuntos.


Asevera que non se trata de suspender o debate e a controversia en busca dunha imposible unanimidade, senón de protexer un espazo para “o acordo de todos e con todos”.


Subliña que este segundo foro ofrece unha oportunidade para analizar o que sucede á luz da experiencia, coas achegas de mandatarios e de expertos que albisquen as tendencias do futuro


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á política capaz de agrupar á cidadanía en torno a obxectivos compartidos para, combinada con medidas inmediatas e de longo alcance, afrontar o reto da resistencia e a reconstrución. “É preciso responder ao día a día, sen esquecer por iso políticas de longo alcance”, matizou, recordando que a política ancorada no perentorio é tan daniña como a que só atende os grandes asuntos.


Durante a inauguración da II edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, o responsable do Goberno galego aseverou que non se trata de suspender o debate e a controversia en busca dunha imposible unanimidade, senón de protexer un espazo para “o acordo de todos e con todos”. E, nesta liña, destacou que a transición española ofrece tamén neste sentido un exemplo elocuente, xa que boa parte dela discorre en medio dunha “profundísima” crise económica. 


Así mesmo, salientou que a apertura deste encontro está presidida por dous xefes de Estado que fixeron da unidade dos seus pobos a súa principal misión; “un é un presidente republicano e outro un monarca constitucional, pero ambos defenden o mesmo: a liberdade, a igualdade e a fraternidade para as súas nacións. Ambos son garantía da continuidade do Estado”, dixo, incidindo en que tanto a democracia portuguesa como a española teñen nas súas xefaturas ese común denominador imprescindible nos tempos que corren. 


Diante da situación inédita que estamos a vivir, cunha grave crise sanitaria e económica, Feijóo aseverou que este segundo foro ofrece unha oportunidade para analizar o que sucede á luz da experiencia, coas achegas de mandatarios que compartan vivencias, e tamén de expertos que albisquen as tendencias do futuro. “Os testemuños que oiremos nestas xornadas seguro que ampliarán o noso coñecemento e nos permitirán contemplar o que ocorre cunha perspectiva maior que non se limite ao día a día”, abundou.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement