Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El escándalo del Balonmano Cangas... preso por la Covid e impotente ante un evidente caos normativo

Tremendo lo del Balonmano Cangas. Un montón de jugadores afectados por Covid, cuarentenas por doquier, directivos al borde de un ataque de nervios, un comunicado extensísimo -que reproducimos integramente debajo-, el legendario Manuel Camiña diciendo en una emisora lo que no debía (perdió la paciencia ante una Federación que parece tener al BM Cangas debajo de un diente desde hace tiempo), etc. etc. etc.

No tiene desperdicio el comunicado al que nos referimos. Y merece la pena leerlo con detenimiento línea a línea. Balonmano Cangas tiene la decencia de pedir perdón públicamente al presidente de la Federación Española de Balonmano. Pero también tiene la claridad necesaria para hacer frente, con valentía y de modo frontal, a la maledicencia que por parte de algunos sectores del Balonmano español (algún medio de comunicación incluído) se ha desatado contra el entrañable club cangués.

No se merece el Balonmano Cangas el difícil momento que está viviendo, ni tampoco la indecencia con que algunos han tratado de hacer daño a su prestigio acrisolado en años, a lo mucho que tienen acreditado en su trayectoria entre los grandes del balonmano en España. No se merece lo que le está pasando el Balonmano Cangas que tanto ha dado a las más puras esencias del Deporte en España, que tanto ha enseñado a todos de cómo un club de una población pequeña podía y puede codearse con los más poderosos del país...

Hay a estas horas, en Galicia, un fuerte movimiento de solidaridad, de apoyo moral, de empujón y ánimo hacia todos y cada uno de los integrantes del Balonmano Cangas, desde su legendario presidente e icono del club hasta el masajista, pasando por todos los muchos jugadores atacados por el Covid-19... Haya paciencia, ánimo, resignación... todo pasará. Y en la cancha siempre, muy pronto, Balonmano Cangas volverá a ser lo que siempre ha sido, grande, muy grande siempre, gane, empate o pierda.

Estamos con vosotros. Faltaría más. Porque Cangas es mucho, porque el Balonmano Cangas es uno de sus grandes estandartes. ¡Fuerza y ánimo siempre!. ¡La lucha continúa, amigo Camiña y compañeros de viaje!.

EL COMUNICADO

A xunta directiva do Balonmán Cangas comunica que, tras a realización das probas PCR, nestes momentos o club conta con 15 positivos confirmados por COVID dentro do primeiro equipo, circunstancia pola que tamén se ve afectado o noso filial, Balonmán Luceros, que actualmente milita na Primeira Nacional Masculina e conta con xogadores que adoitan participar co equipo da Liga SacyrAsobal. Os xogadores e corpos técnicos de ambos conxuntos están a realizar o illamento e corentena indicados polas autoridades competentes.

A xunta directiva do Club Balonmán Cangas quere aproveitar este comunicado para emitir unhas desculpas públicas ao presidente da Real Federación Española de Balonmano, Francisco Blázquez García, en relación ás declaracións realizadas hai escasos días nunha emisora autonómica polo noso presidente, Manuel Adolfo Camiña Fernández. Aínda que a nosa postura de desacordo coa xestión actual por parte da Federación no relativo ás competicións é incuestionable, somos conscientes de que nunca se debe perder o respecto nin caer na descualificación. Neste caso, posiblemente froito da crispación, a indefensión e o desconcerto da difícil situación que estamos a vivir. A afección canguesa, os xogadores, o corpo técnico e a propia xunta directiva encabezada por Manuel Adolfo Camiña Fernández queren reiterar estas desculpas de xeito público e notorio.

No que respecta á situación que desgraciadamente estamos a afrontar en relación aos positivos por COVID, e tendo en conta as suspicacias que se están promover acerca dunha suposta irresponsabilidade do Balonmán Cangas á hora de aliñar a xogadores con sintomatoloxía no encontro fronte ao Balonmán Granollers, a xunta directiva do club quere manifestar o seguinte:

1. O Balonmán Cangas non aliñou a ningún xogador con sintomatoloxía compatible coa COVID-19, nin a ningún con sospeitas de ser posible positivo. Rogaríamos ás voces interesadas en crear incerteza ao respecto que non xoguen con algo tan importante coma a saúde nin coa responsabilidade dun club exemplar e histórico coma é Club Balonmán Cangas.

2. Dende o club cumpriuse escrupulosamente coas probas serolóxicas semanais solicitadas pola Xunta de Galicia e por Asobal. Compre recordar que a Real Federación Española de Balonmano non obriga á realización de ningunha proba e dende o club chegamos a realizar tres probas diferentes dentro da mesma semana.

3. O Club Balonmán Cangas cumpriu exhaustivamente cos protocolos que a Real Federación Española de Balonmano e Asobal proporcionaron aos clubs, ademáis do protocolo do CSD, protocolos que son de obrigado cumprimento para todos os participantes. Protocolos que, desgraciadamente, son tan obrigatorios coma difusos, sobre todo no referente ao posibles positivos:

• O protocolo da Liga Sacyr Asobal non fai referencia en ningún momento aos pasos a seguir no caso de presentar xogadores con sintomatoloxía compatible coa COVID, nin contempla as directrices que debemos adoptar no caso dos contactos estreitos con posibles positivos.

• O protocolo de retorno á actividade deportiva da Real Federación Española de Balonmano e a comunicación realizada dende o Comité Nacional de Competición o día 24 de setembro de 2020, si fan referencia aos pasos a dar no caso de posibles positivos, pero sempre dende a perspectiva deportiva para a solicitude de aprazamento dos encontros, nunca dende o punto de vista sanitario para evitar a propagación da enfermidade. En todo momento se incide en que un xogador con sintomatoloxía debe ser afastado do resto do equipo; este debe comunicar ao club e ao médico de atención primaria a incidencia e esperar á que lle realicen unha proba PCR. No caso de que o resultado sexa positivo e as autoridades sanitarias determinen o illamento do equipo, o club debe comunicalo ao Comité Nacional de Competición para que o aprazamento do encontro sexa autorizado; xa que a circular do Comité de Competición deixa claro o seguinte:

“Si el número de positivos es igual o inferior a cinco componentes y el resto del equipo no tiene que estar confinado, no se considerará causa justificada para acordar el aplazamiento del partido, previa solicitud al CNC a la que se adjuntarán los informes médicos y/o sanitarios. “

Compre aclarar que actualmente, no proceso de espera entre que un xogador presenta síntomas, o comunica e as autoridades sanitarias realizan e proporcionan o resultado dunha proba PCR, pasan coma mínimo catro días. Os tres protocolos polos que se rixe a nosa competición: Asobal, RFEBM e CSD (de obrigado cumprimento) tan só indican o illamento do xogador con sintomatoloxía. É mais, o protocolo da RFEBM e a comunicación do Comité Nacional de Competición deixan claro que con menos de cinco positivos confirmados (non contempla a posibilidade de que poidan existir asintomáticos sen proba diagnóstica realizada), o encontro non será aprazado. De feito, para tomar esa decisión, o CNC da RFEBM está a solicitar informes médicos escritos que corroboren a confirmación dos positivos, informes que actualmente non son doados de acadar xa que todas as comunicacións do SERGAS se realizan de xeito telefónico.

4. Un xogador do Balonmán Cangas presentou sintomatoloxía o xoves pola mañán, poñéndose en contacto co club, momento no que se levou a cabo o seu illamento con respecto ao resto do equipo, tal e coma indican os protocolos. O xoves pola noite o xogador chamou ao SERGAS e ao dia seguinte o seu médico púxose en contacto con el para citalo á realización da proba PCR o domingo pola tarde. O sábado disputouse o encontro fronte ao Bm. Granollers, no que non participou, e o luns pola mañá, recibimos a confirmación do positivo e da corentena para o resto dos compañeiros. Este proceso foi axilizado pola intervención da Secretaría Xeral para o Deporte, feito que queremos agradecer publicamente. O cumprimento por parte do club dos protocolos polos que se rixe a nosa competición foi claro.

5. Dende o Balonmán Cangas, solicitamos ás autoridades competentes que analicen se é lóxico que nunha competición de ámbito estatal que consta de tres protocolos diferentes polos que guiarse (entendemos que co visto bo do Consejo Superior de Deportes), estes tan só proporcionen medidas enfocadas á disputa dos encontros, dando prioridade ó aspecto deportivo e perdendo de vista o criterio sanitario; incluso contradicíndoo en casos tan importantes coma o dos contactos estreitos con sintomáticos sen proba diagnóstica realizada. Esta semana temos clubs amigos que están a solicitar o aprazamento dos seus encontros por posuír sintomáticos á espera da realización de proba diagnóstica dentro do equipo e parece que o CNC non o considera un argumento de peso. O resto do equipo terá que esperar á realización e resultado da proba por parte deses xogadores e mentres tanto terán que disputar o seu encontro, expoñendo a compañeiros e rivais a ser contaxiados por unha enfermidade que xa amosou do que é capaz.


6. O Balonmán Cangas quere agradecer publicamente a colaboración brindada polo Concello de Cangas, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Balonmán e os clubs amigos que,en todo momento, se brindaron a axudar nesta situación tan desconcertante. Pola contra, tamén nos gustaría deixar claro que a día de hoxe dende a Real Federación Española de Balonmano ninguén se puxo en contacto con nós para amosar interese pola situación. Descoñecemos quen é a figura responsable do protocolo e a forma para poder comunicarnos e resolver as dúbidas nos procedementos. O único que puidemos facer é acudir ao protocolo da RFEBM, que, na páxina 39, indica:

“A NIVEL DE COMPETICIÓN :
Este documento se irá actualizando a medida que las Autoridades Sanitarias modifiquen en uno u otro sentido las normas de obligado cumplimiento, indicándoles que tienen a su disposición la Guía Sanitaria que ha sido publicada capítulo a capítulo en la página web de la R.F.E.BM., desde el inicio del estado de alarma, donde el equipo médico de la R.F.E.BM. ha ido dando pautas, recomendaciones y estrategias para el retorno a la normalidad y la reincorporación gradual a la práctica deportiva, pudiendo consultar la misma en el siguiente enlace :


https://www.rfebm.com/noticia/gu%C3%ADa-sanitaria-pandemia-covid-19-y-balonmano-ep%C3%ADiogo

Dende o 3 de agosto, a regulación sufriu varios cambios significativos, o protocolo non se actualizou e o enlace para o acceso a máis información non funciona…

O Club Balonmán Cangas quere transmitir a súa impotencia ante unha situación extremadamente inxusta para os clubs que día a día estamos a traballar en prol do balonmán. Se cumprimos coas directrices sanitarias das autoridades competentes, incumprimos cun protocolo que se traduce en sancións económicas e deportivas, pero sobre todo nun desánimo que lonxe de promocionar o noso deporte, rematará por afastar aos adeptos/as a outras disciplinas.

A mellor liga de balonmán de España leva trinta encontros aprazados dos oitenta e un que se deberían ter xogado e os casos por COVID están a aumentar dun xeito alarmante entre os equipos participantes. Se a única reflexión que se vai realizar dende os organismos competentes é que pode ser que os clubs podemos estar actuando de xeito irresponsable, ao mellor a COVID non é o maior dos problemas do balonmán nestes momentos.


O Balonmán Cangas convida á reflexión:

“Ese precioso y necesario don del sentido común, que es el menos común de los sentidos.”
(Ramón Gómez de la Serna)

A Xunta Directiva do Club Balonmán Cangas

En Cangas do Morrazo a 15 de outubro de 2020


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement